Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións

xoves, 7 de marzo de 2019

Rosalía de Castro. Investigamos a súa vida

Ademais de recitar e cantar algunha das súas obras investigamos sobre a súa vida e o que supón a súa obra para a literatura galega e a española.






Rosalía. 2º B

Entrevista a Rosalía. 5º E

mércores, 6 de marzo de 2019

Día de Rosalía con Xandobela

O grupo Xandobela presentou a Rosalía de Castro ao alumnado de 6º a través de diversos xogos e retos.
A actividade realizouse grazas á organización do Servizo de Normalización do Concello de Betanzos.






Día de Rosalía. Cantamos e recitamos

Á aula de cultura acudiu unha representación do noso alumnado para participar na homenaxe a Rosalía de Castro, no colexio todos aprendemos as cancións, aquí tedes dous exemplos:





Preme para escoitalos


mércores, 27 de febreiro de 2019

O Vales fala. Rosalía de Castro

O alumnado de 2º A dedica este podcast a Rosalía de Castro:

Día de Rosalía na aula de cultura

Un ano máis o concello de Betanzos e a Asociación cultural Eira Vella organizaron un acto en homenaxe a Rosalía de Castro, a participación do noso colexio centrouse na interpretación de dúas cancións baseadas en poemas da autora: Paseniño (de Uxía, recollida no libro Rosalía pequeniña) e Negro caravel (de Rosa Cedrón e Sabela).




domingo, 24 de febreiro de 2019

Día de Rosalía

Así celebraron os compañeiros e compañeiras de infantil o día de Rosalía:

Felicitáronlle o "cumple"
4º de infantil
5º A
5º B
5º C
5º D
6º A
6º B
6º C
6º D

xoves, 21 de febreiro de 2019

ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, data que coincide coa do nacemento da autora no ano 1837.
Para que coñezades a súa vida e a súa obra a biblioteca ofrécenos estas dúas presentacións:




Tamén recompilamos varios materiais que elaboraron outros colexios e institucións para que continuedes adentrándovos na figura desta importante escritora.



Biblioteca do CEIP Pilar Maestú Sierra. A Pobra do Caramiñal

CEIP Alexandre Bóveda

Biblioteca Caracola Tola


Pasapalabras.genmagic.org


Biblioteca da Caracola Tola

CP Nuestra Señora de los Ángeles. El Esparragal. Murcia

http://rosalia.gal/
Fundación Rosalía de Castro


mércores, 4 de abril de 2018

Rosalía de Castro. Abre a fiestra

Co gallo da conmemoración do Día de Rosalía, no colexio investigamos sobre a autora, dialogamos sobre os temas sociais que trata na súa obra, escollemos aqueles poemas que máis nos gustan e "abrimos fiestras":

mércores, 28 de febreiro de 2018

domingo, 12 de marzo de 2017

Rosalíate

Un ano máis, sumámonos á proposta da Asociación de escritores en lingua galega para conmemorar o Día de Rosalía, neste caso, titulada #Rosaliate. 
Fixemos carautas e escollemos versos de Rosalía, este é o resultado:

mércores, 1 de marzo de 2017

Día de Rosalía. Homenaxe na aula de cultura

O Concello de Betanzos e a Asociación cultural Eira Vella organizaron un acto de homenaxe a Rosalía de Castro. O noso colexio participou xunto a outros centros da localidade e asociacións culturais coma o coro de Coirós ou a Asociación A Fuliada.
Aquí podedes ver as actuacións do noso alumnado:


sábado, 25 de febreiro de 2017

Rosalía de Castro. Bos amores

Nenas e nenos de 1º de EP ilustran o poema Bos amores, do libro Follas Novas.

Cal olido de rosas que sai de antre o ramaxen
nunha mañán de maio, hai amores soaves
que n'inda vir se sinte, nin se ve cando entraren
pola mimosa porta que o corazón lles abre
de seu, cal se abre no agosto
a frol ó orballo da tarde.

E sin romor nin queixa, nin choros, nin cantares,
brandos así e saudosos, cal alentar dos ánxeles,
en nós encarnan puros, corren coa nosa sangre
i os ermos reverdecen do esprito onde moraren.
Busca estes amores..., búscaos,
si tes que chos poida dare;
que éstes son sóio os que duran
nesta vida de pasaxen.


Presentámolas acompañadas da interpretación musical de Narf, a quen queremos render homenaxe:



luns, 20 de febreiro de 2017

O Vales fala. Rosalía de Castro

Nenas e nenos recitan poemas de Rosalía:

                                    Preme en cada imaxe para escoitalos

                    

luns, 13 de febreiro de 2017

Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, data que coincide coa do nacemento da autora no ano 1837.
Para que coñezades a súa vida e a súa obra a biblioteca ofrécenos estas dúas presentacións:




Tamén recopilaron varios materiais que elaboraron outros colexios e institucións para que continuedes adentrándovos na figura desta importante escritora.







Biblioteca do CEIP Pilar Maestú Sierra. A Pobra do Caramiñal

CEIP Alexandre Bóveda

Biblioteca Caracola Tola


Pasapalabras.genmagic.org


Biblioteca da Caracola Tola

CP Nuestra Señora de los Ángeles. El Esparragal. Murcia