Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

martes, 24 de decembro de 2013

Cadea de recitados en 3ºB

O día 13 de decembro continuou a nosa cadea de recitados en 3ºB. Os nen@s de 6ºB de Primaria foron recitar á clase de 3ºB. Aquí vos deixamos o vídeo.

 Recitado en 3ºB

luns, 23 de decembro de 2013

Partidos e bailes de Nadal

O día 20 de decembro, os nenos e nenas de sexto, fixeron partidos de brilé, baloncesto e fútbol contra os profes. Entre un partido e outro, houbo bailes que fixeron as nenas e nenos de primeiro, segundo, terceiro, cuarto, quinto e sexto. Pasámolo moi ben!!!

Anímate á lectura.

UN LIBRO POLO NADAL,
 NON ESTÁ NADA MAL.
Facémonos eco das propostas que podedes atopar no blogue da biblioteca (http://blogdeleo-valesvillamarin.blogspot.com.es/xa que nos fan un montón de entretidas suxerencias para este Nadal. Animámosvos dende aquí a escoller libros en galego. Será unha divertida experiencia.

venres, 20 de decembro de 2013

Agasallos do concurso de adiviñas.

Os nen@s de 3ºB do CPI Castro Baxoi que participaron no concurso de adiviñas enviáronnos unhas fotos co seu agasallo. 
Grazas por participar. Esperamos que continuedes visitándonos e participando. 


  


Cartas ós Reis Magos.

Os alumnos de Educación Infantil e Primaria participaron na nosa proposta de escribirlle unha carta ós Reis Magos. Seguros estamos de que serán quen de entendelas xa que o galego non é unha lingua allea a eles.
Teñen que coñecer todos os idiomas do mundo para entender os desexos de todos. Nós que estamos aprendendo galego poñémosllo un pouco máis difícil pero prometémoslles seguir estudando a nosa lingua para facelo mellor a próximo ano.
Aquí vos deixamos unha mostra das cartas que escribiron.
Grazas ó Concello de Betanzos pola súa colaboración.

FELICES FESTAS

xoves, 19 de decembro de 2013

O día 2 de decembro fixemos entrega dos agasallos do concurso de adiviñas.

mércores, 18 de decembro de 2013

Este ano o Equipo de Dinamización de Lingua Galega do colexio CEIP Francisco Vales Villamarín, xunto con todos os nen@s e  mestres que fan que este blogue siga adiante, decidiron agasallarvos cun pequeno calendario para que recordedes o traballo que facemos tod@s xuntos a diario e animarvos unha vez máis a participar nesta actividade que estamos a desenvolver. 

Hoxe fixemos un concerto de panxoliñas no que todos os alumnos de primaria puxeron o seu gran de area. Algúns cursos terán que esperar a mañá xa que o tempo quedou escaso, pero non van quedar sen a súa aportación a esta xornada de música no Vales.
Parabéns para todos. 

sábado, 14 de decembro de 2013

Onte tivemos unha actividade moi especial. Mónica (a nai de Carmen Yáñez ) estivo ensinando ós peques do cole a facer os seus pasteliños de cabaza.
Disfrutaron moito coa actividades e sobre todo cos pasteliños.
Papás, mamás, avós, avoas... animádevos a participar. Seguro que podedes compartir moitas cousas cos nosos alumnos.
En canto poidamos mostrarémosvos a actividade en imaxes.

MOITAS GRAZAS MÓNICA.
Árbores do outono.
Os nenos e nenas de 1º de primaria estivemos traballando sobre algunhas das árbores do outono. Algúns trouxemos follas das árbores para ver as diferenzas que hai entre unhas e outras. Unhas son grandes coma as da vide e outras máis pequenas.

As árbores que debuxamos foron: A vide, o carballo, o acivro, a laranxeira, a figueira, a nogueira, o bidueiro, o castiñeiro, a maceira e o teixo.

Aquí tedes unha mostra do noso traballo. Esperamos que vos guste.

mércores, 11 de decembro de 2013

Visita de 6ºB de E.I.

O venres 28 de novembro os nenos de 6ºB de E.I. compartiron con 6ºB
de Primaria a súa cadea de recitados.
Aquí vos deixamos o resultado:

 Cadea de recitados en 6ºB de Primaria



Xa chegaron as camisetas oficiais do blogue!



Por certo, dámoslle a benvida ao noso novo reporteiro, que se chama Luiver!

mércores, 4 de decembro de 2013

XOGOS POPULARES!!

Os  nenos do primeiro ciclo estiveron  aprendendo como eran os xogos 
populares relacionados co magosto.Xogaron ao comecastañas,
aos bolos e moitos máis que nin os recordamos.

Aquí vos deixamos un recordo:

Xornada gastronómica galega

Na xornada gastronómica galega que celebraron no comedor, fixeron un xantar especial e un cartel do magosto.
Xantaron empanada, zorza con  patacas, raxo e de sobremesa tomaron mousse natural.
A razón de que fixeran o cartel do magosto no comedor foi que no comedor tamén celebran as festas importantes de Galicia, coma o magosto.


luns, 2 de decembro de 2013

Os nen@s de 5ºB de E.I  animáronse a participar nos recitados aínda que non recibiron a caixa. Moi boa iniciativa. Aquí  está o seu recitado de outono para que o disfrutemos tod@s.

 Os laranxas recitan un poema do outono.