Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

mércores, 29 de outubro de 2014

Os días 21 e 22 de outubro os alumnos de 1º e 2º acudiron ás representacións do  X Festival Internacional de Títeres Consorcio das Mariñas (Galicreques 2014).
Os alumnos de 2º achegáronnos un traballo para compartilo con todos vós.

martes, 28 de outubro de 2014

Respostas ás adiviñas nº3, nº4 e nº6

Levamos unha semana de concurso e só conseguíchedes acertar tres das adiviñas que se propoñen. 
Nº3 é o vento 
Nº4 son as follas 
Nº6 é a castaña.
Podedes comprobar nos comentarios todas as respostas que recibimos e así saberedes quen foi o primeiro en adiviñalas. Aínda quedan tres. Ánimo, preguntade na casa, ós profes... a quen se vos ocurra que poida axudarvos.
Seguimos esperando as vosas respostas.

luns, 27 de outubro de 2014

Adiviñas de outono

AQUÍ ESTÁN AS ADIVIÑAS 
Lembrade deixar as vosas respostas nos comentarios indicando o voso nome, curso e o número da adiviña.
As respostas deben estar en galego.
Moita sorte a tod@s
Adiviña 1                                    Adiviña 2
     

Adiviña 3                              Adiviña 4 
    

Adiviña 5                                     Adiviña 6
     

mércores, 22 de outubro de 2014

Xa temos tres solucións

As adiviñas nº3, nº4 e nº6 xa teñen acertantes. De momento non imos publicar as respostas para que continuedes intentándoo.

A vendima en fotos

Os alumnos de 6º enviáronnos esta montaxe sobre a actividade que realizaron da vendima. Esperamos que vos guste.

luns, 20 de outubro de 2014

Concurso de adiviñas

Ola a tod@s:
Xa vai ben entrado o outono e dende o EDLG queremos propoñer un ano máis o noso concurso de adiviñas a través do  blog.
Este ano as adiviñas poderedes atopalas nos taboleiros de No Vales, en galego ou igual que o ano pasado no noso blog nontecortescoalingua.blogspot.com
Lembrade que para participar tedes que deixar as respostas no blog picando na etiqueta de comentarios e indicando o voso nome e curso. Animádevos a participar.

Boa sorte a tod@s .

martes, 7 de outubro de 2014

A vendima

O venres pasado os alumnos de 6º participaron un ano máis na Vendima.
Esperamos que nos fagan chegar algún traballo.

Resultado de imagen de Vendimia imágenes