Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.
Amosando publicacións coa etiqueta Letras galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras galegas. Amosar todas as publicacións

luns, 17 de xuño de 2019

Palabras que non queremos perder

Ao investigar sobre Antón Fraguas descubrimos que cos seus traballos contribuíu a defender o idioma galego como lingua de expresión para calquera coñecemento e que dedicou a súa vida a recuperar e difundir os tesouros que herdamos dos nosos antepasados: a lingua e a cultura popular.
El, xunto a outros grandes galeguistas, fixo posible que o galego non desaparecera.
Nós queremos contribuir coa nosa humilde aportación e rematamos o curso pensando no futuro:
Enterramos no patio do colexio unha "cápsula do tempo" na que colocamos as palabras que non queremos que se perdan nunca.
As árbores tamén forman parte da nosa cultura e da nosa vida, así que acompañando á cápsula prantamos loureiros, carballos e castiñeiros. 




Oxalá os nenos e as nenas do futuro que as descubran comproben que seguen ben vivas e vixentes!! 

domingo, 2 de xuño de 2019

O Vales fala. Letras galegas 2019

O grupo Xandobela achegounos á figura de Antón Fraguas a través de xogos.
Así nolo conta o alumnado de 2º B: 

(Preme na imaxe para escoitalos)

 

luns, 27 de maio de 2019

Letras Galegas 2019

Para festexar o día das nosas letras, ademáis de coñecer nas clases a figura de Antón Fraguas, tivemos a sorte de contar coas actuacións da Escola Municipal de Folclore e cos nenos e nenas das danzas gremiais dos mariñeiros e dos labradores de Betanzos.


venres, 17 de maio de 2019

O Vales fala. Letras Galegas

Antón Fraguas traballou ao longo da súa vida para recuperar e difundir os tesouros que herdamos dos nosos antepasados: a lingua e a cultura popular.
Alumnado de 1º ofrécenos unha mostra:


1º E

1º C

xoves, 2 de maio de 2019

Raquel Queizás e Antón Fraguas

O alumnado de primeiro tivo a sorte de escoitar a Raquel Queizás na nosa biblio. Contoulles historias de  cando Antón Fraguas (Letras Galegas 2019) era neno. Pasárono xenial.

venres, 8 de xuño de 2018

O Vales fala. A nosa relación co galego

Mª Victoria Moreno dixo:
 “a miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”

Así expresamos a nosa relación co galego: 




mércores, 23 de maio de 2018

Coñecemos A Mª Victoria Moreno

O grupo Xandobela achegounos á figura de Mª Victoria Moreno a través de xogos. 







Grazas ao Concello de Betanzos.

Danzas gremiais de Betanzos

As danzas gremiais son unha herdanza da baixa Idade Media. 
Eran bailadas polos membros dos gremios de traballadores ou patrocinadas por eles. Teñen unha orixe laica, aínda que en moitos casos a igrexa asimilounas como propias para honrar aos seus santos.
Ata os nosos días chegan a do gremio dos mariñeiros tamén coñecida como danza de arcos e a do gremio dos labradores.
O día 16 nenas e nenos dos nosos centros escolares bailaron para todos nós:


luns, 23 de abril de 2018

Poesía no comercio II

Hoxe, Día do Libro, comeza a segunda campaña Poesía no comercio, na que comerciantes de Betanzos agasallarán aos seus clientes con poemas creados polo noso alumnado.

O primeiro obxectivo desta actividade é o de gozar coa poesía, aprender e divertirse xogando coas palabras da nosa lingua. En segundo lugar, espallar o noso labor pola localidade.
Abrazando estes dous abxectivos está o de empregar e valorar a lingua galega, tesouro que nos enriquece a todos:

Non todo o mundo pode presumir de posuír dúas lenguas propias!!

mércores, 17 de maio de 2017

Mil palabras polo galego

Cada un de nós elixiu unha palabra galega á que lle temos un especial aprezo. Xuntámolas todas para pedir miles de anos máis para o galego.
O concello colaborou con nós, a través do seu Servizo de Normalización, e as nosas plabaras colgan do edificio Arquivo cunha mensaxe para todas e todos:

 

venres, 5 de maio de 2017

Letras Galegas 2017. Carlos Casares

Achéganse as datas de conmemoración das nosas letras.
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Carlos Casares.
Na marxe esquerda deste blogue podedes atopar diferentes páxinas que dan a coñecer ao autor e nos ofrecen recursos para traballar nas aulas.
Os enlaces seguintes mostránnos a súa obra infantil e xuvenil:











(Premede en cada imaxe)

xoves, 16 de xuño de 2016

Berenguela - 5ºA

Os nenos e nenas de 5ºA  puxeron imaxes e voz  á obra de teatro de Manuel María "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela" 
Esperamos que vos guste.


mércores, 25 de maio de 2016

Continuamos coa homenaxe a Manuel María na festa das nosas letras





Teatro con Manuel María


Os nenos e nenas de 4ºA dramatizaron a obra de teatro de Manuel María "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela".



Estade ben atentos que tamén vos mostraremos o vídeo.

xoves, 19 de maio de 2016

Letras Galegas 2016 - A festa das nosas letras

Un ano máis @s nen@s do noso cole celebran as Letras Galegas e déixannos diferentes aportacións relacionadas con Manuel María, sobre todo recitados e cancións. Deixámosvos aquí unha pequena mostra.