Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.
Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de abril de 2019

Betanzos. Poesía no comercio III edición

O próximo día 23, Día do Libro, bota a andar a terceira edición de Poesía no comercio.
Durante o mes de marzo o noso alumnado creou poemas que agora chegarán aos betanceiros e aos visitantes a través dos comercios que participan na campaña.
Grazas ao concello de Betanzos e aos comercios participantes por facer posible que esta actividade sexa visible.

domingo, 28 de outubro de 2018

O Vales fala. O Outono

O alumnado de 2º B achéganos este poema sobre o outono, acompañado dunhas fermosas ilustracións:

(Preme na imaxe para escoitalos)


O Vales fala. Poema

Nenas e nenos de 1º E aprenderon este poema que fala do reparto das tarefas na casa, escoitémolos:

(Preme na imaxe para escoitalos)

xoves, 25 de outubro de 2018

O Vales fala. O río

Nenas e nenos de 5º A gravaron para nós a súa versión musicada do poema O río, do libro Os soños na gaiola de Manuel María:


(Preme na imaxe para escoitalos)

luns, 15 de outubro de 2018

O Vales fala. Un poema, catro versións

O alumnado de 6º C comeza o curso con moita enerxía e ofrécenos agora estas versións dun poema:






xoves, 26 de abril de 2018

O Vales fala. Poesía

Hugo, de 5º E, e a súa familia interpretan o bonito poema que el creou para a campaña Poesía no comercio.



luns, 23 de abril de 2018

Poesía no comercio II

Hoxe, Día do Libro, comeza a segunda campaña Poesía no comercio, na que comerciantes de Betanzos agasallarán aos seus clientes con poemas creados polo noso alumnado.

O primeiro obxectivo desta actividade é o de gozar coa poesía, aprender e divertirse xogando coas palabras da nosa lingua. En segundo lugar, espallar o noso labor pola localidade.
Abrazando estes dous abxectivos está o de empregar e valorar a lingua galega, tesouro que nos enriquece a todos:

Non todo o mundo pode presumir de posuír dúas lenguas propias!!

mércores, 4 de abril de 2018

Rosalía de Castro. Abre a fiestra

Co gallo da conmemoración do Día de Rosalía, no colexio investigamos sobre a autora, dialogamos sobre os temas sociais que trata na súa obra, escollemos aqueles poemas que máis nos gustan e "abrimos fiestras":

luns, 26 de marzo de 2018

Celebrar o verso

O concello de Betanzos, grazas ao Servizo de Normalización Lingüística, ofreceunos o espectáculo de Antía Otero titulado Celebrar o verso, a través de Apiario.
O alumnado de 5º apreciou a poesía chea de sentimentos, grazas aos videopoemas emotivos que lles mostrou e á palabra da escritora.






mércores, 28 de febreiro de 2018

mércores, 17 de xaneiro de 2018

Cantiga pola PAZ

Celso Emilio Ferreiro escribiu este poema que fala da paz e da solidariedade:

Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmau che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmau che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che falo.
 
             Celso Emilio Ferreiro. Longa noite de pedra

Escoitemos o poema musicado na versión de Fuxan os Ventos:



Así o cantan Mini e Mero:

domingo, 28 de maio de 2017

luns, 17 de abril de 2017