Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

mércores, 31 de decembro de 2014

Festival de Nadal

Actuacións da segunda sesión do xoves 18

1ºD - O neno Xesús                              2ºE - Na casa da miña avoa
     

5ºB - Volver a casa por Nadal               4ºE - Os nenos de Betanzos
     

       6ºC - Zumba, zúmballe ó pandeiro      Grupo de pandeiretas - O pelo roxiño
     

Grupo de guitarra e pandeireta - Los peces en el río

martes, 30 de decembro de 2014

Festival de Nadal

Actuacións da primeira sesión do xoves 18

                                                       1ºE - Tan, tan                             2ºB - Metidos nun ovo
     

                                                     3ºD - Nadal                               4ºB - Volver a casa por Nadal
     

                                              Violín - Din, dan, don                         Violín - Campaíña
     

                            5ºD - Zumba, zúmballe ó pandeiro             6ºD/5ºE - Din, dan, don
     

     Clarinete - Noite de paz                6º - The twelve days of Christmas
     


luns, 29 de decembro de 2014

Festival de Nadal

Actuacións da segunda sesión do mércores 17

        1ºA - Na casa da miña avoa        1ºA - Din, don (en linguaxe de signos)

     

                                    2ºD - Que lle daremos ó neno?                    3ºC - Tan, tan

     

                                             4ºD - Din, dan, don                    6ºA - Cun sombreiro de palla
     

                            3ºE - Zumba, zúmballe ó pandeiro    Grupo de guitarra - Los peces en el río

     

mércores, 24 de decembro de 2014

Festival de Nadal

Actuacións da primeira sesión do mércores 17

              1ºB - Turrón e mazapán                     1ºC - Os pitiños buscaban unha estrela

                     
 
                             2ºA - Tan, tan                                               3ºA - Din, dan, don

                      

                           Violín - Din, dan, don                                             6ºB - O apalpador

                        

                       Bombardino - O tamborileiro                                           4ºC - Nadal

                         

                         Clarinete - Adeste fideles                                               Campaíña

                         

luns, 22 de decembro de 2014

Festival de Nadal

Actuacións do martes 16


           2º C - Tan, tan                     3ºB - Canción dos tres Reis Magos

           

            5ºA - Din, don, dan                   4ºA Cun sombreiro de palla
          

  6º E - Que lle daremos ó neno?           5ºC - Abre as portas Xesús
          

domingo, 21 de decembro de 2014

Nadal

Chegado este tempo de Nadal,  o EDLG quere desexarvos a todos unhas Felices Festas e un Próspero Aninovo.
Seguide a visitarnos durante estes días de descanso e en breve disfrutaredes coas panxoliñas do Festival de Nadal.

BO NADAL !!!

martes, 16 de decembro de 2014

... outra panxoliña que nos achega 2ºE





Aportación de 6ºB sobre o pleno infantil

O pasado venres 13 de decembro os alumnos de sexto de primaria do colexio Francisco Vales Villamarín asistimos ao Pleno Infantil no Liceo de Betanzos.
Algúns (a maioría) estivemos de público,tamén os houbo que foron escollidos como “concelleiros” e leron peticións ideadas polo grupo para facer cambios no concello.

As peticións foron ideadas pensando nos dereitos do neno,e cada clase elixiu dous/tres representantes (os concelleiros).


Tamén asistiu o CPR NUESTRA SEÑORA DEL CARMEN ATOCHA,QUE FIXERON O MESMO CA NOS,ENVIARON CATRO CONCELLEIROS E A ALCALDESA iNES.
PERSONALMENTE,PARECEUME ÚTIL E ESPERO QUE ALGUNHA PROPOSTA SE CONSIDERE.

luns, 15 de decembro de 2014

Concerto

Hoxe disfrutamos dun divertido concerto con Xoan Curiel.
Estivo xenial.
Ou non pensades o mesmo?

Pleno infantil

Os alumnos de 6º como xa é tradicional, participaron no pleno infantil municipal o venres pasado xunto con alumnos do colexio Atocha.
Contádenos a vosa experiencia.

Festival de Nadal

Cada clase xa ten preparada a súa panxoliña. O martes, mércores e xoves vai ser unha festa.
Xa veredes que ben o fan todos!!!!

mércores, 3 de decembro de 2014

Panxoliñas

Chega o tempo de Nadal e este ano todos aprenderemos panxoliñas para montar un festival. Deixámosvos aquí algunhas para que vaiades practicando. Se coñecedes algunha podedes enviárnola a través dos comentarios e a colgaremos no blog.












Así foi "Chincha rabincha" para 1ºA




venres, 28 de novembro de 2014

Pegatinas

O EDLG agasallou cunha pegatina a todos os nen@s que participaron no concurso de adiviñas. 

A familia en concerto

Esta semana dende o departamento de música celebraron Santa Cecilia e para conmemoralo tiveron un concerto cada día da semana en colaboración coas familias dos rapaces. Algunhas das actuacións resaltaron a música tradicional galega.
Seguro que tod@s o disfrutáchedes.
Dende aquí tamén queremos agradecer ás familias a súa colaboración.




xoves, 27 de novembro de 2014

Cadea de recitados

A cadea de recitados xa está de novo en marcha. Esperamos recibir en breve o primeiro vídeo para poder amosárvolo.

mércores, 19 de novembro de 2014

O magosto no 1º ciclo

Os nen@s  de 1º ciclo disfrutaron dos xogos  e das castañas que prepararon as familias para todos eles.



venres, 14 de novembro de 2014

Xa temos a solución

Foi difícil, pero unha nena de 2ºD deu coa resposta á adiviña nº 1.
A abelá
Moitas grazas por participar e parabéns a todos os acertantes, que fúchedes moitos. Aquí damos por rematado o noso concurso.

mércores, 12 de novembro de 2014

Adiviña nº1

A adiviña nº 1 parece que se resiste. Aínda non temos a resposta. 
Poñede as cabezas a pensar e ánimo.

Nace na fraga 
na fraga se cría 
naceu dunha vara 
e acaba sequiña.

Será, será...

O Samaín no 1º ciclo

Os nen@s de 1º ciclo celebraron o Samaín.


mércores, 5 de novembro de 2014

Resposta ás adiviñas nº 2 e nº 5

Xa temos as respostas das adiviñas nº 2 e nº 5. Só falta a primeira que aínda se resiste.
A resposta á adiviña nº 2 é o peón ou buxaina.
A resposta á adiviña nº 5 é a noz.

mércores, 29 de outubro de 2014

Os días 21 e 22 de outubro os alumnos de 1º e 2º acudiron ás representacións do  X Festival Internacional de Títeres Consorcio das Mariñas (Galicreques 2014).
Os alumnos de 2º achegáronnos un traballo para compartilo con todos vós.

martes, 28 de outubro de 2014

Respostas ás adiviñas nº3, nº4 e nº6

Levamos unha semana de concurso e só conseguíchedes acertar tres das adiviñas que se propoñen. 
Nº3 é o vento 
Nº4 son as follas 
Nº6 é a castaña.
Podedes comprobar nos comentarios todas as respostas que recibimos e así saberedes quen foi o primeiro en adiviñalas. Aínda quedan tres. Ánimo, preguntade na casa, ós profes... a quen se vos ocurra que poida axudarvos.
Seguimos esperando as vosas respostas.

luns, 27 de outubro de 2014

Adiviñas de outono

AQUÍ ESTÁN AS ADIVIÑAS 
Lembrade deixar as vosas respostas nos comentarios indicando o voso nome, curso e o número da adiviña.
As respostas deben estar en galego.
Moita sorte a tod@s
Adiviña 1                                    Adiviña 2
     

Adiviña 3                              Adiviña 4 
    

Adiviña 5                                     Adiviña 6