Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

sábado, 25 de febreiro de 2017

Rosalía de Castro. Bos amores

Nenas e nenos de 1º de EP ilustran o poema Bos amores, do libro Follas Novas.

Cal olido de rosas que sai de antre o ramaxen
nunha mañán de maio, hai amores soaves
que n'inda vir se sinte, nin se ve cando entraren
pola mimosa porta que o corazón lles abre
de seu, cal se abre no agosto
a frol ó orballo da tarde.

E sin romor nin queixa, nin choros, nin cantares,
brandos así e saudosos, cal alentar dos ánxeles,
en nós encarnan puros, corren coa nosa sangre
i os ermos reverdecen do esprito onde moraren.
Busca estes amores..., búscaos,
si tes que chos poida dare;
que éstes son sóio os que duran
nesta vida de pasaxen.


Presentámolas acompañadas da interpretación musical de Narf, a quen queremos render homenaxe:



luns, 20 de febreiro de 2017

O Vales fala. Rosalía de Castro

Nenas e nenos recitan poemas de Rosalía:

                                    Preme en cada imaxe para escoitalos

                    

luns, 13 de febreiro de 2017

Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, data que coincide coa do nacemento da autora no ano 1837.
Para que coñezades a súa vida e a súa obra a biblioteca ofrécenos estas dúas presentacións:




Tamén recopilaron varios materiais que elaboraron outros colexios e institucións para que continuedes adentrándovos na figura desta importante escritora.







Biblioteca do CEIP Pilar Maestú Sierra. A Pobra do Caramiñal

CEIP Alexandre Bóveda

Biblioteca Caracola Tola


Pasapalabras.genmagic.org


Biblioteca da Caracola Tola

CP Nuestra Señora de los Ángeles. El Esparragal. Murcia




martes, 7 de febreiro de 2017

Poesía de tradición oral III

Mariña Erias, de 6º A, pedíu aos seus familiares que cantaran cantigas populares, escoitade.


Hugo Canle, de 6º C, canta unha cantiga de Nadal titulada O neno que dorme:


Poesía de tradición oral II

Nesta ocasión son os nenos e nenas de 5º A os que nos mostran os poemas que recompilaron.

Poesía de tradición oral I

Durante o mes de xaneiro o noso alumnado fixo un labor de recompilación de poemas de tradición oral, nela atopamos cantos de Nadal, poemas, cantigas, refráns, trabalinguas.
Aquí podedes ver a que fixeron os nenos e nenas de 5º C.