Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

xoves, 27 de febreiro de 2014

Adiós ríos, adiós fontes.

Os nenos e nenas de 1º D fixeron estas estupendas ilustracións do poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro. Esperamos que vos guste.



luns, 24 de febreiro de 2014

Coñece a Rosalía

Se queredes coñecer un pouco mellor a Rosalía deixámosvos aquí unha presentación que realizou o Equipo de Biblioteca. Recordade que tamén o podedes ver no blogue de Leo e Mariña: blogdeleo-valesvillamarin.blogspot.com



Homenaxe a Rosalía

O venres os nosos alumn@s estiveron fantásticos na Homenaxe a Rosalía.
Deixámosvos aquí unha pequena mostra, en imaxes, da súa participación.

Alfabeto da Paz

Por fin os nosos reporteiros remataron a montaxe dos alfabetos que fixéchedes sobre a Paz. Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos traballos que fuchedes colocando polos corredores.

xoves, 20 de febreiro de 2014

Rosalía

Mañá, venres 21 de febreiro participaremos na Homenaxe a Rosalía organizado polo Concello de Betanzos e a A.C. Eira Vella que terá lugar ás sete e media da tarde na Aula de Cultura "Xulio Cuns".


Os nen@s de 2º curso cantarán a canción "Rosalía pequeniña". Tamén teremos recitados e unhas pandeireteiras tocando e cantando o poema de Rosalía "Airiños, airiños, aires".



Estades todos convidados.

mércores, 19 de febreiro de 2014

XA FOMOS Á RADIO!!!

Ola a todos, 
XA FOMOS Á RADIO!!!
O xoves 13 (o día internacional da radio) fomos á radio, foi unha experiencia xenial,vimos como modulaban o son para que todas as persoas falasen co mesmo volume, como se poñía a música;eran uns sitios moi pequenos, vimos o teléfono onde chaman as persoas nos programas e vimos onde gravaban. Despois fomos a un auditorio onde nos deron unha merenda moi rica mmm... E vimos os traballos da paz dos outros colexios. PASAMOLO  XENIAL!!!!   


















               

Chistes de Nadal

Os nenos e nenas de 1ºB contáronnos uns chistes de nadal.

Recitado de 3º D

Os nenos e nenas de 3ºD continúan a cadea de recitados na súa visita a 6ºC.




venres, 14 de febreiro de 2014

Concerto de Nadal 2013 (2ª parte)

Para despedir o 2013 os nenos e nenas do Vales Villamarín fixeron un concerto de Nadal. Deixámosvos aquí outro anaco de vídeo para que poidades velo.

xoves, 13 de febreiro de 2014

Alfabeto da Paz de 1ºD

Os nenos e nenas de 1ºD enviáronnos este alfabeto da Paz tan chulo. Esperamos que vos guste.



Galicia Sónica - Vales son

Hoxe celébrase o Día Mundial da Radio e como ben sabedes o noso cole participou nun concurso no que resultou premiado. Pois a partires de hoxe podedes escoitar aquí o programa que gravaron os nosos alumnos.

 Galicia Sónica - Vales son

mércores, 12 de febreiro de 2014

Recitado 3ºC

Despois de moitos atrancos xa podemos mostrarvos o recitado de 3ºC.
Esperamos que vos guste.

 Recitado 3ºC

Festival de Nadal (1ª parte)

Aquí tedes o tan esperado concerto de panxoliñas que celebramos no mes de decembro. 
Esperamos que vos guste.

Unha experiencia coa radio

Ola de novo! En xaneiro a uns nenos de infantil e de primaria  escolléronnos para gravar un conto sobre a diversidade chamado `Sofía,a vaca que amaba a música´ para un concurso da radio. O día 7 de febreiro informáronnos de que gañamos xunto con outros 12 colexios máis. Así que o día 13 de febreiro imos á Facultade de Periodismo de Santiago de Compostela a un programa da radio. A partires do día 13 poderedes escoitala neste blogue.A  nosa radio chámase 
GALICIA SÓNICA:VALES SON.


   

En breve ... Concerto de Nadal.

Tras unha longa espera e moitas dificultades xa estamos preparados para mostrarvos parte do concerto de Nadal. Estade atentos. Publicarémolo esta semana.
Moitas grazas a Mª José que empleou moitas horas neste traballo.

domingo, 9 de febreiro de 2014

Recitado de 1ºD

Se queres escoitar o recitado de 1ºD pica na imaxe para descargar o vídeo.
 Recitado 1ºD