Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.
Amosando publicacións coa etiqueta Novas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Novas. Amosar todas as publicacións

xoves, 5 de outubro de 2017

Premio Nacional de Literatura Infantil

Antonio García Teijeiro foi galardonado co Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil polo seu libro Poemar o mar, ilustrado por Xan López Domínguez e publicado por Xerais en 2016. 
Entre os libros escritos por García Teijeiro podemos atopar Lueiro de papel, Ventos, Na fogueira dos versos, A fala das pombas que falan, Caderno de fume, Recendos de aire sonoro...

O Premio Nacional de Literatura Infantil concédeo cada ano o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España no ano anterior.

García Teijeiro súmase á nómina de autoras e autores galegos que foron recoñecidos co galardón: Paco Martín, Xabier P. Docampo, Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas.

Cóntame un conto,
que quero que cale o vento
e quero pechar os ollos.

Cóntame un conto
que teña cen mil colores
para pintar os teus soños.

Cóntame un conto
que me salfira de escuma
do mar de tantos agoiros.

Cóntame un conto,
que quero borrar pegadas
de camiños sen retorno.

Cóntame un conto
ou dous ou tres ou corenta
e poida escoitalos todos.

Poema que forma parte do libro Contos e poemas para un mes calquera, escrito polo autor xunto con Jordi Sierra i Fabra


venres, 27 de xaneiro de 2017

Xabarín Club

A CRTVG ofrece xa a súa programación infantil a través dunha nova aplicación, XabarínTVG, dispoñible para móbiles e tabletas, con todas as series de animación en galego que se emiten pola TVG2 dentro do espazo Xabarín Club.

Gozade de todos estes contidos audiovisuais en galego!!!


mércores, 16 de decembro de 2015

Parabéns

Os nosos parabéns a Nuria de 6ºA polo seu premio no concurso de carteis do concello.


martes, 15 de decembro de 2015

As recomendacións de Leo e Mariña

Coma todos os anos o blog da biblioteca publicou as súas recomendacións de lectura para o Nadal.
Podedes consultalos aquí ou no blog de Leo e Mariña.
Esperamos que vos animedes a disfrutar e soñar cos libros en galego.



Felicitación de Nadal.

Compartimos con todos vós a felicitación de Nadal que nos fixeron chegar dende o CPI Ponte Carreira (centro co que o alumnado de E.I realizou intercambios escolares en cursos anteriores).

 

mércores, 2 de decembro de 2015

Neira Vilas, non te esqueceremos

Despedimos con tristura non só un escritor que nos engaiolou a tod@s cando aínda eramos nenos, senón tamén ó home que soubo chegar ó corazón dos nosos fillos e fillas tanto a través da súa obra coma da súa persoa.

Ata sempre ... Xosé Neira Vilas!!!

Así foi o seu paso pola nosa escola en maio de 2013.



Desenhos de Isaac Diaz Pardo para a Ediciós do Castro de Memorias dun neno labrego
             de Xosé Neira Vilas. Música: A Quenlla, "Memorias dun neno labrego"

luns, 9 de novembro de 2015

Respostas ás adiviñas

As respostas ás vosas adiviñas xa van chegando ó noso correo pero non revelaremos as solucións ata dar por finalizada a actividade.
Podedes seguir intentándoo.

mércores, 30 de setembro de 2015

Seguimos traballando pola nosa lingua

CURSO 2015-16

"...eu fáloa porque si, porque me gosta,

porque me peta e quero e dame a gaña...."


                             Celso Emilio Ferreiro


A palabra ten vida


Un novo curso comeza e ven cargado de soños... e como non de fermosas palabras.
Este ano queremos darvos a benvida cun vídeo que fixeron os nenos e nenas do CEIP Milladoiro de Malpica para homenaxear a vida das palabras da nosa terra, a través da canción A palabra ten vida de Paco Nogueiras de Brinca Vai!
Esperamos que vos guste... e a traballar!!!!


Xa estamos esperando as vosas colaboracións.


domingo, 21 de decembro de 2014

Nadal

Chegado este tempo de Nadal,  o EDLG quere desexarvos a todos unhas Felices Festas e un Próspero Aninovo.
Seguide a visitarnos durante estes días de descanso e en breve disfrutaredes coas panxoliñas do Festival de Nadal.

BO NADAL !!!

luns, 15 de decembro de 2014

Festival de Nadal

Cada clase xa ten preparada a súa panxoliña. O martes, mércores e xoves vai ser unha festa.
Xa veredes que ben o fan todos!!!!

venres, 28 de novembro de 2014

Pegatinas

O EDLG agasallou cunha pegatina a todos os nen@s que participaron no concurso de adiviñas. 

A familia en concerto

Esta semana dende o departamento de música celebraron Santa Cecilia e para conmemoralo tiveron un concerto cada día da semana en colaboración coas familias dos rapaces. Algunhas das actuacións resaltaron a música tradicional galega.
Seguro que tod@s o disfrutáchedes.
Dende aquí tamén queremos agradecer ás familias a súa colaboración.




mércores, 11 de xuño de 2014

Presentación para os pais

O vindeiro martes 17  os nenos de infantil, primeiro, segundo, terceiro, cuarto, quinto e sexto, van facer unha presentación das normas para o uso dos ordenadores da biblioteca para que os pais saiban todo o que se aprende na biblioteca.




PAPÁS E MAMÁS, ESPÉRAVOS UNHA SORPRESA!!




xoves, 22 de maio de 2014

Quinto día do programa das Letras Galegas

XOVES 22 DE MAIO

Cantiga-baile: Cocorico por 4ºc de E.I 
Poema de Díaz Castro “Esmeralda” por 4ºc de E.I 
Cantiga-baile: Dime que fixeches e onde estiveches  por 5ºb de E.I 
Muiñeira por 1ºD
Poema de Díaz Castro “Esmeralda” por 1ºD 
Cantiga:  María e a poesía por 2ºD
Recitado: Cantarola dos nenos  por 2ºD
Baile: A saia da Carolina  por 3ºC
Cantiga: O tren que me leva pola beira do Miño por 3ºC
Cantiga : Eu teño un canciño por 4ºD
Cantiga: A rianxeira por 5ºE
Lendas por 6ºD

mércores, 21 de maio de 2014

Cuarto día do programa das Letras Galegas

MÉRCORES 21 DE MAIO

Cantiga-baile: Fun ó mercado por 4ºb de E.I 
Poema de Díaz Castro “Esmeralda” por 4ºb de E.I 
Cantiga-baile: A saia da Carolina  por 5ºa de E.I 
Teatro: Os nenos e o dilema por 1ºC
Cantiga:  María e a poesía por 2ºE
Poema: O xastre valente  por 2ºE
Baile: A saia da Carolina  por 3ºE
Cantiga : Eu teño un canciño por 4ºC
Cantiga: A rianxeira por 5ºD
Fragmento do Himno galego por 6ºB
Poema musicado de Díaz Castro: Penélope por 6ºB

martes, 20 de maio de 2014

Terceiro día do Programa das Letras Galegas

MARTES 20 DE MAIO

Cantiga-baile: O xogo da carrasquiña por 4ºa de E.I 
Poema de Díaz Castro “Esmeralda” por 4ºa de E.I 
Cantiga de Alfonso X O Sabio por 1ºB
Cantiga:  María e a poesía por 2ºB
Poema de Manuel María "O meu barco" por 2ºB
Baile: A saia da Carolina  por 3ºA
Cantiga: O maio do rechouchío por 3ºA
Cantiga : Eu teño un canciño por 4ºA
Cantiga: A rianxeira por 5ºA
Interpretación con violín: A saia da Carolina por Daniel de 5ºB
Fragmento do Himno galego por 6ºC

luns, 19 de maio de 2014

Segundo día do programa das Letras Galegas

Hoxe o programa foi longo pero tod@s estiveron fantásticos. Mañá máis.

LUNS 19 DE MAIO
Obra: Vida e obra de Xosé  Mª Díaz Castro por 6ºE.I a-e
Cantiga con xestos: Camiño de Viseu por 4ºE.I d
Poema de Díaz Castro “Esmeralda” por 4ºE.I d
Cantiga-baile: O señor da serra por 5ºE.I c
Cantiga-baile: Tic-tac por 5ºE.I d
Representación : Orellas de bolboreta por 1ºE
Poesía: O año pitaño por 1ºE
Cantiga: María e a poesía por 2ºC
Poesía: A lúa por 2ºC
Baile: A saia da Carolina  por 3ºB
Poemas dramatizados: Lembrando a Rosalía por 3ºB
Cantiga : Eu teño un canciño por 4ºE
Cantiga: A rianxeira por 5ºC
Fragmento do Himno galego por 6ºA
Cantiga :Esa lus por Grupo de alumnas de 6º

venres, 16 de maio de 2014

Programa das Letras Galegas 2014

Hoxe iniciamos o programa das Letras Galegas 2014 con teatro, música, baile... Todos os nenos e nenas estiveron fantásticos. PARABÉNS A TODOS. Continuaremos a próxima semana con máis actuacións que esperamos sexan do voso agrado. Disfrutádeas.

VENRES 15 DE MAIO
Obra: Vida e obra de Xosé  Mª Díaz Castro por 6ºE.I a-e
Adiviñas por 1ºA
Cantiga: María e a poesía por 2ºA
Poesía: O arco da vella  por 2ºA
Baile: A saia da Carolina  por 3ºD
Cantiga : Eu teño un canciño por 4ºB
Fragmento do Himno galego por 6ºA
Cantiga :Esa lus por Grupo de alumnas de 6º