Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

venres, 28 de novembro de 2014

Pegatinas

O EDLG agasallou cunha pegatina a todos os nen@s que participaron no concurso de adiviñas. 

A familia en concerto

Esta semana dende o departamento de música celebraron Santa Cecilia e para conmemoralo tiveron un concerto cada día da semana en colaboración coas familias dos rapaces. Algunhas das actuacións resaltaron a música tradicional galega.
Seguro que tod@s o disfrutáchedes.
Dende aquí tamén queremos agradecer ás familias a súa colaboración.




xoves, 27 de novembro de 2014

Cadea de recitados

A cadea de recitados xa está de novo en marcha. Esperamos recibir en breve o primeiro vídeo para poder amosárvolo.

mércores, 19 de novembro de 2014

O magosto no 1º ciclo

Os nen@s  de 1º ciclo disfrutaron dos xogos  e das castañas que prepararon as familias para todos eles.



venres, 14 de novembro de 2014

Xa temos a solución

Foi difícil, pero unha nena de 2ºD deu coa resposta á adiviña nº 1.
A abelá
Moitas grazas por participar e parabéns a todos os acertantes, que fúchedes moitos. Aquí damos por rematado o noso concurso.

mércores, 12 de novembro de 2014

Adiviña nº1

A adiviña nº 1 parece que se resiste. Aínda non temos a resposta. 
Poñede as cabezas a pensar e ánimo.

Nace na fraga 
na fraga se cría 
naceu dunha vara 
e acaba sequiña.

Será, será...

O Samaín no 1º ciclo

Os nen@s de 1º ciclo celebraron o Samaín.


mércores, 5 de novembro de 2014

Resposta ás adiviñas nº 2 e nº 5

Xa temos as respostas das adiviñas nº 2 e nº 5. Só falta a primeira que aínda se resiste.
A resposta á adiviña nº 2 é o peón ou buxaina.
A resposta á adiviña nº 5 é a noz.