Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

domingo, 22 de outubro de 2017

O Vales fala. Idade Media en infantil

As nenas e os nenos de sexto de infantil ofrécennos un adianto do que van estudar ao longo do curso:


mércores, 18 de outubro de 2017

domingo, 15 de outubro de 2017

O Vales fala. Comeza un novo curso

Nenas e nenos do colexio saúdan o novo curso:

Quinto C

Terceiro C

Quinto D  
         A nosa cantiga de benvida
            Comezamos novo curso,
            ola a todos no Vales.
            Benvidos a este gran cole
            onde imos aprender.
            Os nenos e as nenas de 5º D
            queremos para todos
            bo curso e pasalo ben.
            bo curso e pasalo ben.
            Os nenos e as nenas de 5º D
                    BO CURSO!!


Quinto E
Cuarto A

xoves, 5 de outubro de 2017

Premio Nacional de Literatura Infantil

Antonio García Teijeiro foi galardonado co Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil polo seu libro Poemar o mar, ilustrado por Xan López Domínguez e publicado por Xerais en 2016. 
Entre os libros escritos por García Teijeiro podemos atopar Lueiro de papel, Ventos, Na fogueira dos versos, A fala das pombas que falan, Caderno de fume, Recendos de aire sonoro...

O Premio Nacional de Literatura Infantil concédeo cada ano o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España no ano anterior.

García Teijeiro súmase á nómina de autoras e autores galegos que foron recoñecidos co galardón: Paco Martín, Xabier P. Docampo, Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas.

Cóntame un conto,
que quero que cale o vento
e quero pechar os ollos.

Cóntame un conto
que teña cen mil colores
para pintar os teus soños.

Cóntame un conto
que me salfira de escuma
do mar de tantos agoiros.

Cóntame un conto,
que quero borrar pegadas
de camiños sen retorno.

Cóntame un conto
ou dous ou tres ou corenta
e poida escoitalos todos.

Poema que forma parte do libro Contos e poemas para un mes calquera, escrito polo autor xunto con Jordi Sierra i Fabra