|
|
||||
|
|
Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.
Amosando publicacións coa etiqueta festas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta festas b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 14 de novembro de 2018
O Vales fala. Magosto
Os máis pequenos do colexio, os de 4º de infantil, recitan para nós temas relacionados co outono:
mércores, 7 de novembro de 2018
luns, 5 de novembro de 2018
O Vales fala. A vendima
O outono é tempo de recoller as uvas e preparar todo para facer o viño. No noso colexio fixemos a vendima ao noso xeito.
Dende infantil envíannos esta cantiga:
E o alumnado de 4º B explícanos o proceso que seguimos:
Dende infantil envíannos esta cantiga:
E o alumnado de 4º B explícanos o proceso que seguimos:
luns, 5 de febreiro de 2018
Conmemoramos o Día da PAZ
Lemos a Malala, reflexionamos, expresamos os nosos desexos e ambicións e cantamos todos xuntos a cantiga Irmaus, inspirada no poema de Celso Emilio Ferreiro.
mércores, 17 de xaneiro de 2018
Cantiga pola PAZ
Celso Emilio Ferreiro escribiu este poema que fala da paz e da solidariedade:
Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmau che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmau che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che falo.
Escoitemos o poema musicado na versión de Fuxan os Ventos:
Así o cantan Mini e Mero:
Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmau che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmau che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che falo.
Celso Emilio Ferreiro. Longa noite de pedra
Escoitemos o poema musicado na versión de Fuxan os Ventos:
Así o cantan Mini e Mero:
luns, 25 de decembro de 2017
sábado, 11 de novembro de 2017
domingo, 5 de novembro de 2017
venres, 13 de xaneiro de 2017
Ganadores do I Concurso de cartas aos Reis Magos
O Concello de Betanzos convocou este Nadal o primeiro concurso de cartas aos Reis Magos, os rapaces e rapazas do noso colexio participaron expresando o que eles desexan para toda a sociedade: paz, solidariedade, igualdade...
Velaquí o resultado do concurso:
Velaquí o resultado do concurso:
PREMIADOS/AS NO 1º CONCURSO DE CARTAS AOS REIS MAGOS
1ª CATEGORÍA. EDUCACIÓN INFANTIL
1º
PREMIO: Noa Moure Valeiras (6º E.I. CEIP Fco. Vales Villamarín)
ACCÉSIT:
Aloia Pena Vázquez (5º E.I. CEIP Fco. Vales Villamarín)
2ª
CATEGORÍA. EDUCACIÓN PRIMARIA (1.º E 2.º)
1º
PREMIO: Daniela Franco Vázquez (2º E.P. CEIP Fco. Vales Villamarín)
ACCÉSIT:
Juana Barreiro Sánchez (2º E.P. CEIP Fco. Vales Villamarín)
3ª CATEGORÍA. EDUCACIÓN PRIMARIA (3º E
4º)
1º
PREMIO: Ashley Rivero Casal (4º E.P. CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”)
ACCÉSIT:
Silvia Novo Roca (3º E.P. CEIP Fco. Vales Villamarín)
4ª
CATEGORÍA. EDUCACIÓN PRIMARIA (5º E 6º)
1º
PREMIO: Mariña Erias Castro (6º E.P. CEIP Fco. Vales Villamarín)
ACCÉSIT:
Nicolás López González (6º E.P. CEIP Fco. Vales Villamarín)
5ª
CATEGORÍA. ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
1º
PREMIO: Macarena Barcia Graíño (Centro Pai Menni)
Noraboa a todas e todos.
Esperamos que os Reis Magos atenderan as peticións de todos os participantes e cumpran os seus desexos.
mércores, 23 de novembro de 2016
O Vales fala. O Magosto
Nenas e nenos de 2º C explícannos como celebraron o magosto no colexio.
E se o acompañamos cun pouco de mosto??
E se o acompañamos cun pouco de mosto??
![]() |
| Preme para escoitar a canción que interpretan nenas e nenos de 3 anos |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














