Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

mércores, 25 de maio de 2016

Continuamos coa homenaxe a Manuel María na festa das nosas letras





Teatro con Manuel María


Os nenos e nenas de 4ºA dramatizaron a obra de teatro de Manuel María "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela".



Estade ben atentos que tamén vos mostraremos o vídeo.

xoves, 19 de maio de 2016

Letras Galegas 2016 - A festa das nosas letras

Un ano máis @s nen@s do noso cole celebran as Letras Galegas e déixannos diferentes aportacións relacionadas con Manuel María, sobre todo recitados e cancións. Deixámosvos aquí unha pequena mostra. 

xoves, 12 de maio de 2016

Instrumentos de vento con Abraham Cupeiro

Hoxe os nen@s de 2º e 5º de Primaria participaron na Charla - Exposición de Abraham Cupeiro sobre instrumentos de vento. Instrumentos antigos, caseiros, de diferentes épocas e lugares....
Esta actividade levouse a cabo grazas a colaboración do Concello de Betanzos.