Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

luns, 27 de abril de 2015

A Esmorga na Aula de Cultura Xulio Cuns

O Concello de Betanzos proxecta o filme A Esmorga de Ignacio Vilar na Aula de Cultura Xulio Cuns ás 20:30 h o vindeiro sábado 2 de maio dentro das actividades con motivo do Programa das Letras Galegas 2015 que bota a andar no mes de maio.
A esmorga é un filme galego baseado na novela de Eduardo Blanco Amor, unha crónica tensa e intensa de vinte e catro horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga . Este filme obtivo este ano seis galardóns os Mestre Mateo e foi a primeira longametraxe galega que estivo nominada aos Premios Goya; tamén tivo un éxito total de público nos cinemas na categoría de películas con menos de cen copias para a súa distribución.


Biografía e xogo biográfico para 1º ciclo


Biografía e xogo biográfico para 2º ciclo


Conto biográfico sobre Xosé Fernando Filgueira Valverde


Biografía e xogo biográfico para 3º ciclo


xoves, 23 de abril de 2015

Letras galegas 2015

O día 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas en Homenaxe a 
Xosé Fernando Filgueira Valverde.
Nestes días propoñerémosvos diferentes actividades para que poidades descubrir a súa vida e a súa obra.


Estade ben atentos!