Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

mércores, 27 de febreiro de 2019

Día de Rosalía na aula de cultura

Un ano máis o concello de Betanzos e a Asociación cultural Eira Vella organizaron un acto en homenaxe a Rosalía de Castro, a participación do noso colexio centrouse na interpretación de dúas cancións baseadas en poemas da autora: Paseniño (de Uxía, recollida no libro Rosalía pequeniña) e Negro caravel (de Rosa Cedrón e Sabela).