Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

sábado, 25 de febreiro de 2017

Rosalía de Castro. Bos amores

Nenas e nenos de 1º de EP ilustran o poema Bos amores, do libro Follas Novas.

Cal olido de rosas que sai de antre o ramaxen
nunha mañán de maio, hai amores soaves
que n'inda vir se sinte, nin se ve cando entraren
pola mimosa porta que o corazón lles abre
de seu, cal se abre no agosto
a frol ó orballo da tarde.

E sin romor nin queixa, nin choros, nin cantares,
brandos así e saudosos, cal alentar dos ánxeles,
en nós encarnan puros, corren coa nosa sangre
i os ermos reverdecen do esprito onde moraren.
Busca estes amores..., búscaos,
si tes que chos poida dare;
que éstes son sóio os que duran
nesta vida de pasaxen.


Presentámolas acompañadas da interpretación musical de Narf, a quen queremos render homenaxe: