Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

venres, 29 de decembro de 2017

Remata o ano 2017

Para despedir o ano 2017 e darlle un repaso ao que foi para cada un de nós deixámosvos co calendario que a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo publicou coas xeniales viñetas de Luis Dávila, humorista gráfico que nos ofrece toda unha reflexión en clave de humor en cada un dos seus traballos:


Preme na imaxe para ver o calendario completo

domingo, 17 de decembro de 2017

Cantigas medievais II

Continuamos publicando as cantigas que o alumnado do centro e as súas familias nos achegan:

Hugo Carro e familia
Mencía e Nébeda Barreiro e familia
Antón e Julia Caamaño e familia
Antón Souto e familia
Celia Mosquera e familia
(Premede nas imaxes)

sábado, 16 de decembro de 2017

Cantigas medievais I

Nenas e nenos do colexio acompañados das súas familias interpretan cantigas medievais:


Eva Temprano e familia
Celia Sánchez e familia
Laura e Irene Beiro e familia
Antón e Alexandre Liñeira e familia

Mateo e Rocío Abrodos e familia

Aloia e Artai Pena e familia

Clara e Simón Porto e familia

Gracia Nicholas e familia

O Vales fala. TelemedieVales 2

Chega a segunda edición do TelemedieVales de man do alumnado de 6º A:

Preme na imaxe

domingo, 12 de novembro de 2017

Cantigas medievais

Aquí podedes acceder a unha selección de recursos dixitais para coñecer mellor a lírica galaico-portuguesa, primeira manifestación literaria da lingua galega.

(Premede en cada un dos fragmentos da imaxe)

sábado, 11 de novembro de 2017

domingo, 5 de novembro de 2017

O Vales fala. Outono

Escoitade estes poemas e estas cantigas sobre o outono:

 

As uvas. Pura Vázquez
(3º C)

Tanto te escondiche, sol... A. Noriega Varela (3º C)

Castañas do teu magosto. 2º A
2º D

O Vales fala. A vendima

Os nenos e as nenas de primeiro explícannos como fixeron a súa particular vendima:


domingo, 22 de outubro de 2017

O Vales fala. Idade Media en infantil

As nenas e os nenos de sexto de infantil ofrécennos un adianto do que van estudar ao longo do curso:


mércores, 18 de outubro de 2017

domingo, 15 de outubro de 2017

O Vales fala. Comeza un novo curso

Nenas e nenos do colexio saúdan o novo curso:

Quinto C

Terceiro C

Quinto D  
         A nosa cantiga de benvida
            Comezamos novo curso,
            ola a todos no Vales.
            Benvidos a este gran cole
            onde imos aprender.
            Os nenos e as nenas de 5º D
            queremos para todos
            bo curso e pasalo ben.
            bo curso e pasalo ben.
            Os nenos e as nenas de 5º D
                    BO CURSO!!


Quinto E
Cuarto A

xoves, 5 de outubro de 2017

Premio Nacional de Literatura Infantil

Antonio García Teijeiro foi galardonado co Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil polo seu libro Poemar o mar, ilustrado por Xan López Domínguez e publicado por Xerais en 2016. 
Entre os libros escritos por García Teijeiro podemos atopar Lueiro de papel, Ventos, Na fogueira dos versos, A fala das pombas que falan, Caderno de fume, Recendos de aire sonoro...

O Premio Nacional de Literatura Infantil concédeo cada ano o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España no ano anterior.

García Teijeiro súmase á nómina de autoras e autores galegos que foron recoñecidos co galardón: Paco Martín, Xabier P. Docampo, Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas.

Cóntame un conto,
que quero que cale o vento
e quero pechar os ollos.

Cóntame un conto
que teña cen mil colores
para pintar os teus soños.

Cóntame un conto
que me salfira de escuma
do mar de tantos agoiros.

Cóntame un conto,
que quero borrar pegadas
de camiños sen retorno.

Cóntame un conto
ou dous ou tres ou corenta
e poida escoitalos todos.

Poema que forma parte do libro Contos e poemas para un mes calquera, escrito polo autor xunto con Jordi Sierra i Fabra


xoves, 29 de xuño de 2017

O Vales fala. Monicreques

O alumnado de 2º C ofrécenos esta obra de teatro, representada con monicreques e titulada: Bob e Gato mortos de fame.



O Vales fala. Marmelada de cabaza

O alumnado de 2º E explícanos como se elabora a marmelada de cabaza.



martes, 30 de maio de 2017

Contos pola igualdade

Alumnado de secundaria e bacharelato dos IES Francisco Aguiar e As Mariñas acudiron ao centro para compartir con nós unha serie de contos. A temática que elixiron, na maioría dos casos, está relacionada coa igualdade de xénero. Os contos gustáronnos moito, agora temos que pensar sobre eles...


mércores, 17 de maio de 2017

Mil palabras polo galego

Cada un de nós elixiu unha palabra galega á que lle temos un especial aprezo. Xuntámolas todas para pedir miles de anos máis para o galego.
O concello colaborou con nós, a través do seu Servizo de Normalización, e as nosas plabaras colgan do edificio Arquivo cunha mensaxe para todas e todos:

 

O Vales fala. Creamos contos

Dende 2º C chéganos este conto creado polo grupo: