Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

domingo, 14 de febreiro de 2016

Homenaxe a Rosalía de Castro

O próximo venres 19 ás 19:00 h desenvolverase o acto homenaxe a Rosalía de Castro conducido polas poetisas galegas María Lado e Lucía Aldao no que se rendirá tributo a Rosalía a través da música e o humor.
Terá lugar na Aula de Cultura Xulio Cuns e contará tamén coa participación de alumnado do noso centro, doutros centros de ensino betanceiros e con representantes de distintas asociacións.
O acto está organizado polo Concello de Betanzos e a Asociación Cultural Eira Vella.

Estades todos convidados.