Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

martes, 24 de decembro de 2013

Cadea de recitados en 3ºB

O día 13 de decembro continuou a nosa cadea de recitados en 3ºB. Os nen@s de 6ºB de Primaria foron recitar á clase de 3ºB. Aquí vos deixamos o vídeo.

 Recitado en 3ºB

luns, 23 de decembro de 2013

Partidos e bailes de Nadal

O día 20 de decembro, os nenos e nenas de sexto, fixeron partidos de brilé, baloncesto e fútbol contra os profes. Entre un partido e outro, houbo bailes que fixeron as nenas e nenos de primeiro, segundo, terceiro, cuarto, quinto e sexto. Pasámolo moi ben!!!

Anímate á lectura.

UN LIBRO POLO NADAL,
 NON ESTÁ NADA MAL.
Facémonos eco das propostas que podedes atopar no blogue da biblioteca (http://blogdeleo-valesvillamarin.blogspot.com.es/xa que nos fan un montón de entretidas suxerencias para este Nadal. Animámosvos dende aquí a escoller libros en galego. Será unha divertida experiencia.

venres, 20 de decembro de 2013

Agasallos do concurso de adiviñas.

Os nen@s de 3ºB do CPI Castro Baxoi que participaron no concurso de adiviñas enviáronnos unhas fotos co seu agasallo. 
Grazas por participar. Esperamos que continuedes visitándonos e participando. 


  


Cartas ós Reis Magos.

Os alumnos de Educación Infantil e Primaria participaron na nosa proposta de escribirlle unha carta ós Reis Magos. Seguros estamos de que serán quen de entendelas xa que o galego non é unha lingua allea a eles.
Teñen que coñecer todos os idiomas do mundo para entender os desexos de todos. Nós que estamos aprendendo galego poñémosllo un pouco máis difícil pero prometémoslles seguir estudando a nosa lingua para facelo mellor a próximo ano.
Aquí vos deixamos unha mostra das cartas que escribiron.
Grazas ó Concello de Betanzos pola súa colaboración.

FELICES FESTAS

xoves, 19 de decembro de 2013

O día 2 de decembro fixemos entrega dos agasallos do concurso de adiviñas.

mércores, 18 de decembro de 2013

Este ano o Equipo de Dinamización de Lingua Galega do colexio CEIP Francisco Vales Villamarín, xunto con todos os nen@s e  mestres que fan que este blogue siga adiante, decidiron agasallarvos cun pequeno calendario para que recordedes o traballo que facemos tod@s xuntos a diario e animarvos unha vez máis a participar nesta actividade que estamos a desenvolver. 

Hoxe fixemos un concerto de panxoliñas no que todos os alumnos de primaria puxeron o seu gran de area. Algúns cursos terán que esperar a mañá xa que o tempo quedou escaso, pero non van quedar sen a súa aportación a esta xornada de música no Vales.
Parabéns para todos. 

sábado, 14 de decembro de 2013

Onte tivemos unha actividade moi especial. Mónica (a nai de Carmen Yáñez ) estivo ensinando ós peques do cole a facer os seus pasteliños de cabaza.
Disfrutaron moito coa actividades e sobre todo cos pasteliños.
Papás, mamás, avós, avoas... animádevos a participar. Seguro que podedes compartir moitas cousas cos nosos alumnos.
En canto poidamos mostrarémosvos a actividade en imaxes.

MOITAS GRAZAS MÓNICA.
Árbores do outono.
Os nenos e nenas de 1º de primaria estivemos traballando sobre algunhas das árbores do outono. Algúns trouxemos follas das árbores para ver as diferenzas que hai entre unhas e outras. Unhas son grandes coma as da vide e outras máis pequenas.

As árbores que debuxamos foron: A vide, o carballo, o acivro, a laranxeira, a figueira, a nogueira, o bidueiro, o castiñeiro, a maceira e o teixo.

Aquí tedes unha mostra do noso traballo. Esperamos que vos guste.

mércores, 11 de decembro de 2013

Visita de 6ºB de E.I.

O venres 28 de novembro os nenos de 6ºB de E.I. compartiron con 6ºB
de Primaria a súa cadea de recitados.
Aquí vos deixamos o resultado:

 Cadea de recitados en 6ºB de Primaria



Xa chegaron as camisetas oficiais do blogue!



Por certo, dámoslle a benvida ao noso novo reporteiro, que se chama Luiver!

mércores, 4 de decembro de 2013

XOGOS POPULARES!!

Os  nenos do primeiro ciclo estiveron  aprendendo como eran os xogos 
populares relacionados co magosto.Xogaron ao comecastañas,
aos bolos e moitos máis que nin os recordamos.

Aquí vos deixamos un recordo:

Xornada gastronómica galega

Na xornada gastronómica galega que celebraron no comedor, fixeron un xantar especial e un cartel do magosto.
Xantaron empanada, zorza con  patacas, raxo e de sobremesa tomaron mousse natural.
A razón de que fixeran o cartel do magosto no comedor foi que no comedor tamén celebran as festas importantes de Galicia, coma o magosto.


luns, 2 de decembro de 2013

Os nen@s de 5ºB de E.I  animáronse a participar nos recitados aínda que non recibiron a caixa. Moi boa iniciativa. Aquí  está o seu recitado de outono para que o disfrutemos tod@s.

 Os laranxas recitan un poema do outono.

sábado, 30 de novembro de 2013

Os compañeir@s de 2ºB deixáronnos este traballo para compartir con todos vós. Esperamos que vos guste e que vos animedes a mandar os vosos propios traballos.

Os piratas 2ºB

venres, 29 de novembro de 2013

Ola a todos !!!!! Hoxe traémosvos  unhas novas. Esta semana fixemos malabares todos os cursos, aquí vos deixamos unhas fotos.Os nenos e nenas aprenderon a facer malabares. Era moi difícil ! 

                                                        O prato chinés


                                                            Ioió


                                                             

                                                      O diábolo 


                                                      Pau do demo 

                                                           
                                                           


                                                 As bolas que fixemos 



xoves, 28 de novembro de 2013

Cadea de recitados

Ola a todos!!

O pasado venres fumos a 6ºB de infantil para recitar unhas poesías,
e non só iso,comezamos unha cadea de recitados e lles dimos unha caixa con todos os libros de poesías que lles léramos.Agora outro grupo dos reporteiros vai ler á nosa clase 6ºB,que coincidencia jejeje...
A ver se vos gusta este vídeo:

 Cadea de recitados



martes, 26 de novembro de 2013

O venres empezamos a cadea de recitados. Os nosos reporteiros foron á clase de 6ºB de Educación Infantil a recitar unhas poesías e os pequenos tamén os deleitaron cun recitado. En canto poidamos mostrarémosvos o vídeo que gravamos.

venres, 22 de novembro de 2013

REMATA O CONCURSO DE ADIVIÑAS 
Xa están publicadas as respostas correctas do concurso de adiviñas. Nos comentarios podedes comprobar quen foi o primeiro en dar a resposta correcta. Están publicadas todas as respostas que foron recibidas.

Os nenos de 2ºA fixeron un traballo con refráns de outono, aquí o tedes:

xoves, 21 de novembro de 2013

Receita de pasteliños de cabaza recheos

Propoñémosvos unha receita de outono feita con cabaza e coa colaboración de Mónica Casanova (nai de Carmen Yáñez de 6º B)
Ingredientes:
-300gr. de fariña
-1 cucharadiña de levadura
-1 cucharadiña de bicarbonato
-1 cucharadiña de canela moída
-1/2 cucharadiña de sal
-113gr. de manteiga a temperatura ambiente
-265gr. de azucre
-2 ovos
-250 gr. de puré de cabaza

Elaboración:
-Bater a manteiga e o azucre. Engadir os ovos de un en un e o resto noutro bol. Despois unimos as mezclas. Prequentamos o forno a 175º. Logo, poñemos pequenos montóns da masa do tamaño dunha noz, máis ou menos, separados entre dous ou tres centímetros nunha bandexa con papel de forno. Cociñar no forno 10 minutos.

Ingredientes para o recheo:
-100gr de queixo de untar
-60 gr de manteiga
-75 gr de azucre

Elaboración:
-Batemos todos os ingredientes ata facer unha crema. Cando os pasteliños estén listos, collemos dous e entre eles botamos a crema, coma se fose un sandwich.




                    


                                                                               

luns, 18 de novembro de 2013

Xa temos a solución de todas as adiviñas. A finais de semana publicaremos todas as respostas e comprobaremos quen leva a sorpresiña.
Podedes aproveitar o que queda de semana para seguir intentándoo. Unha vez publicadas as respostas correctas darase por rematado o concurso.

xoves, 14 de novembro de 2013

Os rapaces e rapazas de 1º D fixeron un traballo para o xornal do cole. Trátase dos xogos aos que xogaron o luns día 11 co gallo da celebración do magosto no cole.


Celebración do magosto

mércores, 13 de novembro de 2013

SÓ NOS FALTA A SOLUCIÓN DA ADIVIÑA NÚMERO 8. 
ÁNIMO. 
VAI TER PREMIO ESPECIAL.
Tamén podedes seguir enviando as respostas das outras adiviñas. Todas contan.

Aí van as dúas últimas.
Adiviña 9


Coa colaboración de 1ºE

Adiviña 10

Coa colaboración de 6ºE de E.I.

martes, 12 de novembro de 2013

Os nen@s de 2º celebran o Samaín.

Os nen@s de 2º fixeron un mural de outono, decoraron cabazas e participaron nunha exposición.

luns, 11 de novembro de 2013

Xa só quedan catro. Empeza a conta atrás.
Adiviña 7

Coa colaboración de Julia e Mencía (6ºA)
Adiviña 8

Coa colaboración de 4ºA

sábado, 9 de novembro de 2013

Xa temos a resposta correcta das seis primeiras adiviñas e estamos chegando ó final . Aínda estades a tempo de participar. 
ANIMÁDEVOS E ANIMADE TAMÉN ÓS ADULTOS, QUE NON TEMOS NINGUNHA RESPOSTA SÚA.
O luns publicaremos as dúas seguintes adiviñas. 
Queda menos para saber quen vai levar a sorpresiña que temos preparada.

venres, 8 de novembro de 2013

O día 25 de outubro xa vos contamos que estivemos a visitar ós máis pequenos. Pois aquí tedes algunhas imaxes.
Os reporteiros falan do seu blogue !!! on PhotoPeach

Orgullosos de ser galegos

Os nen@s de 5ºA de E.I. están moi orgullosos do seu traballo sobre o outono e o Samaín. Tamén nos van deleitar interpretando un anaco do Himno Galego.

 Os nen@s de 5ºA de E.I cantan o himno galego



ORGULLOSOS DE SER GALEGOS on PhotoPeach

mércores, 6 de novembro de 2013

A VENDIMA

Este é o vídeo que fixemos coas fotos da vendima.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!!!!!


Xa temos a solución para a adiviña 4. A seguir pensando que aínda  quedan unhas poucas.
Aquí tedes unha nova entrega.
Adiviña 5

Coa colaboración de 3ºC
Adiviña 6

Coa colaboración da nai de Mario e Julia.

luns, 4 de novembro de 2013

Aquí van as dúas seguintes adiviñas.
Adiviña 3

Coa colaboración de Tere.
Adiviña 4

Coa colaboración de 4ºB

domingo, 3 de novembro de 2013

O día 31 de outubro chegounos a resposta correcta para a adiviña 1 pero non publicaremos  as solucións ata o final do concurso. Se non vedes publicadas as vosas respostas é porque son correctas.
Só queda saber quen acertou primeiro!

mércores, 30 de outubro de 2013

Xa temos solución para a adiviña 2, pero de momento non imos publicala para que tod@s poidades seguir pensando.
A resposta correcta é de Carmen Yáñez de 6ºB.

SEGUNDO RETO

Chegou o outono e o Samaín. Xunto a eles o noso segundo reto.

Esta vez no blogue irán aparecendo unha serie de adiviñas para as que temos que atopar solución. Así que todos a poñerse as pilas: nenos, profes, conserxe, pais, avós, amigos...
As adiviñas irán aparecendo segundo vaiades atopando as solucións. Podedes facelo individualmente, por clase, coa familia, por parellas...
Unha vez que pensedes que tedes a solución debedes escribila no apartado de comentarios co voso nome, aula ou algunha forma de identificarvos. Haberá algunha sorpresiña para o que máis acerte. Unha vez acertada comunicarase no blogue quen foi o primeiro en solucionala.
BOA SORTE A TOD@S

Adiviña, adiviñanza

Adiviña 1

Coa colaboración de 2ºA

Propoñémosvos aquí a segunda  adiviña coa colaboración da clase 3ºE. 

Adiviña 2








venres, 25 de outubro de 2013

Visita dos reporteiros ás aulas de Educación Infantil

Hoxe o equipo de reporteiros  fixo unha visita ós pequenos do cole para dar a coñecer o blogue. Recibíronos cun pouco de sorpresa e algúns quedaron sen palabras.

mércores, 23 de outubro de 2013

Non esquecemos ós máis peques.

O 27 de setembro fixemos a presentación do  blogue a través da megafonía no edificio de primaria e os máis pequenos non puidestes escoitala porque no voso edificio non hai megafonía, así que decidimos facer algo especial para vós.


 As nosas reporteiras cantan para os peques


Esperamos que vos guste e que colaboredes neste proxecto xunto co resto do colexio.

domingo, 20 de outubro de 2013

Dende o Equipo de Dinamización de Lingua Galega ( EDLG ) queremos agradecer a todo@s a boa acollida deste nova idea e esperamos seguir contando coa vosa colaboración. Recordade que este blogue é de tod@s e para tod@s. Só tedes que enviarnos as vosas suxerencias, actividades, propostas de novos retos, traballos e ... todo o que vos pareza de interese para a Comunidade Educativa a reporteirosbetanceiros@gmail.com . Tentaremos publicalos na maior brevidade posible.
Recordade que podedes facer comentarios ás nosas publicacións pero que deben estar en galego. Tamén sería interesante que vos identificásedes co voso nome, o voso curso, a vosa relación co blogue (pai/nai dun alumn@, mestre do colexio, familiar dun alumn@, amig@, seguidor do blogue...).
ADIANTE... 
...e xa sabes ...
...NON TE CORTES COA LINGUA.


venres, 18 de outubro de 2013

A Vendima

O venres 11 de outubro @s nen@s de 6ºfumos á vendima en Viraventos. Recollimos as uvas cos nenos de Atocha e cando tiñamos suficientes volvimos ao colexio a pisalas.
ESTABAN CONXELADAS!!!
Despois xogamos os partidos de brilé e fútbol contra Atocha.
Nos vindeiros días publicaremos unha montaxe fotográfica. Deixámosvos aquí unha mostra.





Adiviñades quen está a pisar as uvas? 

(Deixade as vosas respostas no apartado de comentarios e veremos quen acerta. Poñede o voso nome e curso ou non saberemos quen foi o gañador)

Proxecto "O espazo"


                "A lingua galega achégase ao colexio da man das familias..."

Este papá chámase Tino e fixo unha presentación para apoiar o Proxecto "O espazo" que se está a      traballar en sexto de infantil. Se queredes máis información so tedes  que  ir á paxina web do colexio.



martes, 15 de outubro de 2013

venres, 11 de outubro de 2013

RETO CONSEGUIDO ...
...NUNHA SEMANA!!!!!!!!!
Parabéns a tod@s

mércores, 9 de outubro de 2013

venres, 4 de outubro de 2013

O primeiro reto...XA ESTÁ AQUÍ!!!!!!!!!!!

PRECISAMOS AXUDA!!!!!!!!!!!

Hoxe a nosa profe propúxonos un reto díficil de conseguir. Cre que non seremos quen de logralo. Necesitamos 1.000 visitas no noso blogue durante o mes de outubro. 



CONTÁDELLO A TODO O MUNDO!!!!!!!!!!!!!!!



xoves, 3 de outubro de 2013

Esta semana estamos a preparar a presentación do blogue para ós máis pequenos do cole.
Seguimos traballando.

venres, 27 de setembro de 2013

Hoxe fixemos a presentación do  blogue a través da megafonía no edificio de primaria.
Esperamos ter unha boa acollida por parte de tod@s.
Deixámosvos a continuación o texto da presentación para os que non estabades.
Bos días:
Somos un grupo de alumnos e alumnas do colexio e hoxe traemos unha nova para as nenas e os nenos, para os mestres e as mestras, para os que choran e os que rin, para os que caen no patio e para quen os cura, para os que xogan e os que estudan, para os que falan idiomas e para os que fan deporte ... en fin, para todos e todas.
Seguramente, moitos de vós víchedes nos taboleiros dos corredores o anuncio do blogue:
Non te cortes coa lingua
Pois... xa está  preparado para comezar a súa andaina.
Nel, poderedes coñecernos ... ou non.
Escolleredes o logo que máis vos guste.
Poderedes facer comentarios e ler os dos compañeiros.
Informaredes das actividades que facedes na clase.
Contaredes as vosa saídas.
Proporemos retos lingüísticos.
... e moitas sorpresas máis.
Visitade o blogue e participade.
nontecortescoalingua.blogspot.com
Moitas grazas por adicarnos estes minutos e recordade:
NON TE CORTES COA LINGUA

mércores, 25 de setembro de 2013

PARTICIPA E VOTA XA!!!
Aquí están  os logos identificativos do blogue que fixeron os nosos reporteiros betanceiros. Agora tócanos a todos escoller o que máis nos guste para acompañarnos nesta aventura.
Debaixo de cada logo atoparás un "Gústame". Pica no cadriño para escoller o teu preferido.
Logo1 

Logo 2


Logo 3