Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.
Amosando publicacións coa etiqueta Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Paz. Amosar todas as publicacións

martes, 5 de febreiro de 2019

O Vales fala. Xogos pola paz

Xogar é moi chulo, pero xogar en PAZ é moito máis divertido.
Creamos e adaptamos varios tipos de xogos divertidos coma:
4º C






luns, 4 de febreiro de 2019

O Vales fala. Xogos pola paz

Este ano propuxémonos crear e adaptar xogos para gozar todos xuntos, sen excluir a ninguén, e así mellorar a convivencia no patio á hora do recreo.
O alumnado de 2º B ofrécenos unha mostra:



(Preme nas imaxes para escoitalos)

O Vales fala. Día da Paz

Rapaces e rapazas de 5º de infantil cóntannos que xogos elixiron para xogar xuntos en paz:


domingo, 3 de febreiro de 2019

O Vales fala. Día da Paz

O alumnado de 2º B comparte con todos as ilustracións que fixeron para a canción Mundo feliz e interpreta un fragmento:


(Se non o ves ben, preme aquí)

luns, 5 de febreiro de 2018

Conmemoramos o Día da PAZ

Lemos a Malala, reflexionamos, expresamos os nosos desexos e ambicións e cantamos todos xuntos a cantiga Irmaus, inspirada no poema de Celso Emilio Ferreiro.

mércores, 17 de xaneiro de 2018

Cantiga pola PAZ

Celso Emilio Ferreiro escribiu este poema que fala da paz e da solidariedade:

Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmau che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmau che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che falo.
 
             Celso Emilio Ferreiro. Longa noite de pedra

Escoitemos o poema musicado na versión de Fuxan os Ventos:



Así o cantan Mini e Mero:

mércores, 11 de febreiro de 2015

Celebración do Día da Paz

O 30 de xaneiro choveu canto quixo pero non impediu que celebraramos o Día da Paz.
Merengue de cores para tod@s.



venres, 31 de xaneiro de 2014

Hoxe a nosa canción da Paz número 1 é...

Vós, cos vosos votos, decidíchedes que o número 1 de hoxe sexa...
Estamos a xoves e... é o segundo día que estamos de número 1.
Venres ... e  seguimos de número 1. Está claro que esta canción foi a que tivo máis éxito entre tod@s.



Os votos da canción do martes témolos rexistrados no blogue e seguirán contando.

martes, 28 de xaneiro de 2014

Hoxe a canción número 1 da Paz é ...

            A canción número 1 foi a versión en galego de My rainbow race. Podedes seguir escoitándoa e votando no apartado de música.                             
Recordade, para escoller a vosa canción preferida picade en GÚSTAME e cambiaremos de número 1.

domingo, 26 de xaneiro de 2014

O mundo é grande

Nerea de 4ºA enviounos esta canción no último momento, cando estabamos a publicar o fin da busca. Xa non publicaremos máis cancións e esta será a nosa última camiseta desta convocatoria. Como di o noso comunicado,a partires de agora toca opinar sobre cal é a que máis vos gusta. 

Verbas a un irmau.

Xa  temos a canción número 14, que nos enviaron dende o equipo de biblioteca..

sábado, 25 de xaneiro de 2014

Que vivan a Paz e o Amor!

Jenny de 5ºE enviounos unha canción en mp3  pero non podemos publicar o audio. Así que vos deixamos aquí a letra e a vosa mestra poñerávola na clase. Sentímolo. De todos os xeitos, para ela unha camiseta.

                              Cantemos collidos das mans este son:
que vivan a paz e o amor!
Unámolos pobos sen odio e rencor:
que vivan a paz e o amor!
Que tódolos nenos levanten as mans.
Que tódolos nenos levanten a voz:
Máis guerras non!
Máis odios non!
Que vivan a paz e o amor!
Amigo de lonxe, que importa o lugar?
Que vivan a paz e o amor!
Xuntémonos todos, cantemos en paz:
Que vivan a paz e o amor!
Que tódolos nenos 
unamos as razas
non importa a cor.
Que vivan a paz e o amor!
Os ricos e pobres
cantando ao amor.
Que vivan a paz e o amor!
Que tódolos nenos... "

Meu amor estoupa e Alegría

Os compañeiros de 1ºD tamén nos enviaron unha canción que se titula "Meu amor estoupa"  do CD "A nena e o grilo nun barquiño"e outra que se titula "Alegría" do CD "María Fumaca" . Da primeira podemos ofrecervos un anaco a través da páxina do autor. En canto teñamos a letra delas, deixarémola aquí..
Na clase a vosa profe pode poñervos o audio completo das dúas cancións.

 Meu amor estoupa

Podedes atopar os libros na biblioteca do cole.!!!!!!!

A vós, irmáns

A mestra de 5º D (Mari Carmen) tamén nos enviou unha canción a través do noso enderezo electrónico. Teremos que regalarlle unha camiseta.

 A vós, irmáns
Grazas a Guillermo por permitirnos utilizar a canción.

venres, 24 de xaneiro de 2014

Irmaus

Os compañeiros de 5º D tiñan ganas dunha camiseta e buscaron unha canción ata atopala. É unha canción baseada nun poema de Celso Emilio Ferreiro. Prestádelle atención.

Quérote máis

Unha divertida canción que van cantar o Día da Paz os nen@s  do CPI Castro Baxoi. Envíannola os nen@s da clase de 3ºB dese cole que xa participaron tamén no noso concurso de adiviñas. Disque lle van cambiar unha frase no retrouso. Cando a canción di tortilla de patacas con xamón eles van dicir "eu teño gañas de cantarche con amor".
Grazas por seguirnos. Enviarémosvos outra camiseta.

Rumba das apertas

O traballo era ben difícil, pero que doado é cando tod@s colaboramos. Aquí tedes outra canción que nos enviou  a clase de 1º D a través do noso enderezo electrónico.

De que che vale

Brais Pérez de 4ºA, tes unha camiseta do noso blogue por enviarnos  unha canción tan chula.