Nós galegaremos nas tabernas é unha campaña de dinamización lingüística no ámbito da hostalaría que pretende pór en valor o uso da lingua galega e destacar a necesidade do seu uso para que o galego teña un futuro en Betanzos.
O alumnado do noso colexio elaborou ao longo do mes de maio distintos lemas que poñen en valor o uso da nosa lingua e que se plasmaron en portarecibos que entregarán aos clientes os bares, cafeterías e restaurantes da localidade que participan nesta campaña.
Esta actividade non sería posible sen a colaboración do concello de Betanzos e os locais de hostalaría, aos que damos as grazas.
A ARTESA DA MOZA CRECHA
BAR CAFETERÍA EL CAPRICHO
CAFÉ BAR EUROPA
CAFÉ BAR LA TORRE
CAFETERÍA MILLENIUM
CAFETERÍA LANZÓS
CERVECERÍA AS GALERAS
CERVECERÍA LA NUEVA INTERNACIONAL
CERVECERÍA VÁZQUEZ
EL HISTÓRICO
O CURRUNCHO
ONZE
RESTAURANTE CASANOVA
CAFETERÍA MG
RESTAURANTE VEGA
RESTAURANTE VEGA