Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

venres, 30 de decembro de 2016

O Vales fala. Poesía a Betanzos

Nenas e nenos de 2º C recitan un poema que Francisco Vales Villamarín adicou a Betanzos.
Premede na imaxe para escoitalos

O Vales fala. Betanzos

Nenas e nenos de 2º recopilan información sobre Betanzos para Leo.


Premede nas imaxes para escoitalos

domingo, 18 de decembro de 2016

O Vales fala. China

Nenas e nenos  de 4º expoñen o que aprenderon de China.




O Vales fala. Aprendemos e ensinamos

Nenas e nenos de 1º e 2º conversan con Chelsie, a auxiliar de conversa do noso cole, sobre as cores das nosas bandeiras: a estadounidense e a galega.
Hai que repetir, somos tantos... e ademais, non sempre as cousas saen á primeira.









O Vales fala. A raposa e as uvas


domingo, 4 de decembro de 2016

O Vales fala. Italia

Nenas e nenos de 6º de infantil cóntannos o que aprenderon do país que elixiron para estudar.






luns, 28 de novembro de 2016

domingo, 27 de novembro de 2016

mércores, 23 de novembro de 2016

xoves, 20 de outubro de 2016

O Vales fala. Máis adiviñas

Xa destes coas solucións ás adiviñas que nos propuxeron os nenos e nenas de 2º A?
Pois aquí tendes outras que nos envían os nenos e as nenas de 2º B, escoitade: 
Preme aquí

venres, 30 de setembro de 2016

venres, 16 de setembro de 2016

Benvida

Dámosvos a benvida a un novo curso.
Mentres imos collendo o ritmo de traballo deixámosvos esta viñeta en homenaxe á nosa lingua, que foi publicada por Xaquín Marín na Voz de Galicia. 


E tamén esta bonita canción de Paco Nogueiras.

xoves, 16 de xuño de 2016

Berenguela - 5ºA

Os nenos e nenas de 5ºA  puxeron imaxes e voz  á obra de teatro de Manuel María "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela" 
Esperamos que vos guste.


domingo, 12 de xuño de 2016

Radio Vales

Xa chegou o 2º programa de Radio Vales  - "Construíndo soños".
Podedes escoitalo clicando na barra dereita.
Non tardaremos en mostrarvos o terceiro, e último deste curso.
Esperamos que vos guste .

mércores, 25 de maio de 2016

Continuamos coa homenaxe a Manuel María na festa das nosas letras





Teatro con Manuel María


Os nenos e nenas de 4ºA dramatizaron a obra de teatro de Manuel María "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela".



Estade ben atentos que tamén vos mostraremos o vídeo.

xoves, 19 de maio de 2016

Letras Galegas 2016 - A festa das nosas letras

Un ano máis @s nen@s do noso cole celebran as Letras Galegas e déixannos diferentes aportacións relacionadas con Manuel María, sobre todo recitados e cancións. Deixámosvos aquí unha pequena mostra. 

xoves, 12 de maio de 2016

Instrumentos de vento con Abraham Cupeiro

Hoxe os nen@s de 2º e 5º de Primaria participaron na Charla - Exposición de Abraham Cupeiro sobre instrumentos de vento. Instrumentos antigos, caseiros, de diferentes épocas e lugares....
Esta actividade levouse a cabo grazas a colaboración do Concello de Betanzos.




luns, 18 de abril de 2016

Cantamos con "Brinca Vai": Meu o mundo é


"En galego falo, en galego sinto,
en galego canto, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!
En galego leo, en galego escribo,
en galego bailo, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!"
[Retrouso de "Meu o mundo é!"]



venres, 15 de abril de 2016

Achégase a celebración das Letras Galegas

Achégase a celebración das Letras Galegas e queremos convidarvos unha vez máis a escoitar esta canción:
A palabra ten vida de Paco Nogueiras de Brinca Vai!


luns, 14 de marzo de 2016

Obradoiro de poesía

O mércores e o xoves os alumn@s de 6º de Primaria realizarán un obradoiro de poesía con Diana Varela Puñal grazas ó Concello de Betanzos.

domingo, 14 de febreiro de 2016

Homenaxe a Rosalía de Castro

O próximo venres 19 ás 19:00 h desenvolverase o acto homenaxe a Rosalía de Castro conducido polas poetisas galegas María Lado e Lucía Aldao no que se rendirá tributo a Rosalía a través da música e o humor.
Terá lugar na Aula de Cultura Xulio Cuns e contará tamén coa participación de alumnado do noso centro, doutros centros de ensino betanceiros e con representantes de distintas asociacións.
O acto está organizado polo Concello de Betanzos e a Asociación Cultural Eira Vella.

Estades todos convidados.

mércores, 27 de xaneiro de 2016

Cine pola paz

O 29 de xaneiro os alumnos de 6º de E.I e 1º e 2º de Primaria disfrutarán da proxección de Maimiño na Aula de Cultura Xulio Cuns grazas á colaboración do Concello de Betanzos. 
Os alumnos, que xa sementaron millo na horta e que logo participaron nun obradoiro de flocos de millo, compartirán flocos de millo durante a proxección.
Esperamos que a disfruten.




luns, 11 de xaneiro de 2016

RADIO VALES

Xa chegou Radio Vales  e o seu programa "Construíndo soños".
Podedes escoitalo clicando na barra dereita.
Esperamos que vos guste .