O grupo Xandobela presentou a Rosalía de Castro ao alumnado de 6º a través de diversos xogos e retos.
A actividade realizouse grazas á organización do Servizo de Normalización do Concello de Betanzos.
Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.
mércores, 6 de marzo de 2019
Día de Rosalía. Cantamos e recitamos
Á aula de cultura acudiu unha representación do noso alumnado para participar na homenaxe a Rosalía de Castro, no colexio todos aprendemos as cancións, aquí tedes dous exemplos:
![]() |
| Preme para escoitalos |
mércores, 27 de febreiro de 2019
Día de Rosalía na aula de cultura
Un ano máis o concello de Betanzos e a Asociación cultural Eira Vella organizaron un acto en homenaxe a Rosalía de Castro, a participación do noso colexio centrouse na interpretación de dúas cancións baseadas en poemas da autora: Paseniño (de Uxía, recollida no libro Rosalía pequeniña) e Negro caravel (de Rosa Cedrón e Sabela).
domingo, 24 de febreiro de 2019
Día de Rosalía
Así celebraron os compañeiros e compañeiras de infantil o día de Rosalía:
| 5º B | |
venres, 22 de febreiro de 2019
xoves, 21 de febreiro de 2019
ROSALÍA DE CASTRO
O día 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, data que coincide coa do
nacemento da autora no ano 1837.
Para que coñezades a súa vida e a súa obra a biblioteca ofrécenos estas dúas presentacións:
Tamén recompilamos varios materiais que elaboraron outros colexios e institucións para que continuedes adentrándovos na figura desta importante escritora.
Para que coñezades a súa vida e a súa obra a biblioteca ofrécenos estas dúas presentacións:
Tamén recompilamos varios materiais que elaboraron outros colexios e institucións para que continuedes adentrándovos na figura desta importante escritora.
| |||
venres, 15 de febreiro de 2019
O Vales fala. Charlas sobre o medioambiente
Estes días axentes forestais visitaron o noso colexio para falarnos do medioambiente e dos perigos dos incendios no bosque.
Cóntanolo o alumnado de 2º A:
Cóntanolo o alumnado de 2º A:
domingo, 10 de febreiro de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











