Aquí vos deixamos unha mostra do fabuloso traballo que fixeren. Agardamos que sexa do voso agrado.
Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.
martes, 17 de decembro de 2019
Nós somos Galicia o 25N
O 25N o alumnado de 1º de Educación Primaria traballou a canción de Charo Pita "Rosa e Azul" do disco No país do vento.
martes, 19 de novembro de 2019
O VALES FALA. HIMNO DE GALICIA
O alumando de 5ª de
Educación Infantil animouse a cantarnos o Himno de Galicia.
Non vos perdades esta
obra de arte:
O VALES FALA. OUTONO
Este curso académico o
alumnado de 5º de Educación Infantil ven pisando forte.
Nos vos perdades as súas
divertidas actuacións coa temática do Magosto.
Presentación do Curso
O alumnado de 3º A comezou
este curso moi animado é fixeron un podcast para saudarnos no inicio de curso contándonos as súas experiencias
dos primeiros días e as súas expectativas para este curso.
Agardamos que o gocedes
como eles o fixeron.
venres, 21 de xuño de 2019
Nós galegaremos nas tabernas
Nós galegaremos nas tabernas bota a andar.
Nós galegaremos nas tabernas é unha campaña de dinamización lingüística no ámbito da hostalaría que pretende pór en valor o uso da lingua galega e destacar a necesidade do seu uso para que o galego teña un futuro en Betanzos.
O alumnado do noso colexio elaborou ao longo do mes de maio distintos lemas que poñen en valor o uso da nosa lingua e que se plasmaron en portarecibos que entregarán aos clientes os bares, cafeterías e restaurantes da localidade que participan nesta campaña.

Esta actividade non sería posible sen a colaboración do concello de Betanzos e os locais de hostalaría, aos que damos as grazas.
A ARTESA DA MOZA CRECHA
BAR CAFETERÍA EL CAPRICHO
CAFÉ BAR EUROPA
CAFÉ BAR LA TORRE
CAFETERÍA MILLENIUM
CAFETERÍA LANZÓS
CERVECERÍA AS GALERAS
CERVECERÍA LA NUEVA INTERNACIONAL
CERVECERÍA VÁZQUEZ
EL HISTÓRICO
O CURRUNCHO
ONZE
RESTAURANTE CASANOVA
CAFETERÍA MG
RESTAURANTE VEGA
RESTAURANTE VEGA
luns, 17 de xuño de 2019
Palabras que non queremos perder
Ao investigar sobre Antón Fraguas descubrimos que cos seus traballos contribuíu a defender o idioma galego como lingua de expresión para calquera coñecemento e que dedicou a súa vida a recuperar e difundir os tesouros que herdamos dos nosos antepasados: a lingua e a cultura popular.
El, xunto a outros grandes galeguistas, fixo posible que o galego non desaparecera.
Nós queremos contribuir coa nosa humilde aportación e rematamos o curso pensando no futuro:
Oxalá os nenos e as nenas do futuro que as descubran comproben que seguen ben vivas e vixentes!!
El, xunto a outros grandes galeguistas, fixo posible que o galego non desaparecera.
Nós queremos contribuir coa nosa humilde aportación e rematamos o curso pensando no futuro:
Enterramos no patio do colexio unha "cápsula do tempo" na que colocamos as palabras que non queremos que se perdan nunca.
As árbores tamén forman parte da nosa cultura e da nosa vida, así que acompañando á cápsula prantamos loureiros, carballos e castiñeiros.
As árbores tamén forman parte da nosa cultura e da nosa vida, así que acompañando á cápsula prantamos loureiros, carballos e castiñeiros.
Oxalá os nenos e as nenas do futuro que as descubran comproben que seguen ben vivas e vixentes!!
venres, 7 de xuño de 2019
domingo, 2 de xuño de 2019
O Vales fala. Letras galegas 2019
O grupo Xandobela achegounos á figura de Antón Fraguas a través de xogos.
Así nolo conta o alumnado de 2º B:
Así nolo conta o alumnado de 2º B:
(Preme na imaxe para escoitalos)
luns, 27 de maio de 2019
Letras Galegas 2019
Para festexar o día das nosas letras, ademáis de coñecer nas clases a figura de Antón Fraguas, tivemos a sorte de contar coas actuacións da Escola Municipal de Folclore e cos nenos e nenas das danzas gremiais dos mariñeiros e dos labradores de Betanzos.

venres, 17 de maio de 2019
O Vales fala. Letras Galegas
Antón Fraguas traballou ao longo da súa vida para recuperar e difundir os tesouros que herdamos dos nosos antepasados: a lingua e a cultura popular.
Alumnado de 1º ofrécenos unha mostra:
Alumnado de 1º ofrécenos unha mostra:
1º E
1º C
domingo, 5 de maio de 2019
Roteiro polo xardín de infantil
O alumnado de 2º A comparte con nós o roteiro que fixo polo xardín do edificio de infantil:
xoves, 2 de maio de 2019
Raquel Queizás e Antón Fraguas
O alumnado de primeiro tivo a sorte de escoitar a Raquel Queizás na nosa biblio. Contoulles historias de cando Antón Fraguas (Letras Galegas 2019) era neno. Pasárono xenial.
venres, 26 de abril de 2019
Gañadores/as do X Concurso de carteis das Letras Galegas
Ao concurso presentáronse 75 carteis de alumnos e alumnas do CPR Nosa Señora do Carme "Atocha", do CEIP Francisco Vales Villamarín e do Centro Pai Menni.
Estes son os carteis gañadores:
Parabéns a todas e todos!
Estes son os carteis gañadores:
Parabéns a todas e todos!
xoves, 11 de abril de 2019
Carreira solidaria 2019
Hoxe tivo lugar a "Carreira Solidaria Corre por Betanzos" organizada polo equipo de Educación Física do noso colexio. Así nola conta o alumnado de 2º B:
(Preme na imaxe se queres escoitalos)
mércores, 10 de abril de 2019
Betanzos. Poesía no comercio III edición
O próximo día 23, Día do Libro, bota a andar a terceira edición de Poesía no comercio.
Durante o mes de marzo o noso alumnado creou poemas que agora chegarán aos betanceiros e aos visitantes a través dos comercios que participan na campaña.
Grazas ao concello de Betanzos e aos comercios participantes por facer posible que esta actividade sexa visible.

venres, 8 de marzo de 2019
Contos pola igualdade. Raquel Queizás
O Servizo de Igualdade do concello de Betanzos promeoveu a visita de Raquel Queizás para contarnos contos:
Contos pola igualdade. Raquel Queizas on PhotoPeach
Contos pola igualdade. Raquel Queizas on PhotoPeach
xoves, 7 de marzo de 2019
Rosalía de Castro. Investigamos a súa vida
Ademais de recitar e cantar algunha das súas obras investigamos sobre a súa vida e o que supón a súa obra para a literatura galega e a española.
![]() |
Entrevista a Rosalía. 5º E |
mércores, 6 de marzo de 2019
Día de Rosalía con Xandobela
O grupo Xandobela presentou a Rosalía de Castro ao alumnado de 6º a través de diversos xogos e retos.
A actividade realizouse grazas á organización do Servizo de Normalización do Concello de Betanzos.
A actividade realizouse grazas á organización do Servizo de Normalización do Concello de Betanzos.
Día de Rosalía. Cantamos e recitamos
Á aula de cultura acudiu unha representación do noso alumnado para participar na homenaxe a Rosalía de Castro, no colexio todos aprendemos as cancións, aquí tedes dous exemplos:
![]() |
Preme para escoitalos |
mércores, 27 de febreiro de 2019
Día de Rosalía na aula de cultura
Un ano máis o concello de Betanzos e a Asociación cultural Eira Vella organizaron un acto en homenaxe a Rosalía de Castro, a participación do noso colexio centrouse na interpretación de dúas cancións baseadas en poemas da autora: Paseniño (de Uxía, recollida no libro Rosalía pequeniña) e Negro caravel (de Rosa Cedrón e Sabela).
domingo, 24 de febreiro de 2019
Día de Rosalía
Así celebraron os compañeiros e compañeiras de infantil o día de Rosalía:
5º B | |
venres, 22 de febreiro de 2019
xoves, 21 de febreiro de 2019
ROSALÍA DE CASTRO
O día 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, data que coincide coa do
nacemento da autora no ano 1837.
Para que coñezades a súa vida e a súa obra a biblioteca ofrécenos estas dúas presentacións:
Tamén recompilamos varios materiais que elaboraron outros colexios e institucións para que continuedes adentrándovos na figura desta importante escritora.

| |||
venres, 15 de febreiro de 2019
O Vales fala. Charlas sobre o medioambiente
Estes días axentes forestais visitaron o noso colexio para falarnos do medioambiente e dos perigos dos incendios no bosque.
Cóntanolo o alumnado de 2º A:
Cóntanolo o alumnado de 2º A:
domingo, 10 de febreiro de 2019
mércores, 6 de febreiro de 2019
O Vales fala. Adiviñas
Nenas e nenos de 2º B propóñennos estas adiviñas:
(Pista: son xogos do parque)
martes, 5 de febreiro de 2019
O Vales fala. Xogos pola paz
Xogar é moi chulo, pero xogar en PAZ é moito máis divertido.
Creamos e adaptamos varios tipos de xogos divertidos coma:
Creamos e adaptamos varios tipos de xogos divertidos coma:
4º C
![]() |
luns, 4 de febreiro de 2019
O Vales fala. Xogos pola paz
Este ano propuxémonos crear e adaptar xogos para gozar todos xuntos, sen excluir a ninguén, e así mellorar a convivencia no patio á hora do recreo.
O alumnado de 2º B ofrécenos unha mostra:
O alumnado de 2º B ofrécenos unha mostra:
(Preme nas imaxes para escoitalos)
O Vales fala. Día da Paz
Rapaces e rapazas de 5º de infantil cóntannos que xogos elixiron para xogar xuntos en paz:
domingo, 3 de febreiro de 2019
O Vales fala. Día da Paz
O alumnado de 2º B comparte con todos as ilustracións que fixeron para a canción Mundo feliz e interpreta un fragmento:
(Se non o ves ben, preme aquí)
mércores, 30 de xaneiro de 2019
martes, 29 de xaneiro de 2019
mércores, 23 de xaneiro de 2019
O Vales fala. Aldea ou cidade?
O alumnado de 5º E achéganos as súas experiencias e opinións sobre o positivo e o negativo de vivir nunha aldea ou nunha cidade.
E vós, que opinades?
E vós, que opinades?
xoves, 3 de xaneiro de 2019
Cartas aos Reis
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)