Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

venres, 11 de abril de 2014

Estrea do espectáculo "As fabas máxicas" o sábado 12 de abril en Betanzos

Ola a todos!


O vindeiro sábado 12 de abril ás 18:30 h terá lugar a estrea do espectáculo familiar "As fabas máxicas" de Caramuxo Teatro na Aula de Cultura Xulio Cuns (Liceo). Esta obra está inspirada no coñecido conto "Xan e as fabas máxicas" e está organizada dentro da Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos.

A entrada é libre e de balde ata completar o aforo. Esta representación está dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos e o obxectivo é que a cativada se achegue ao teatro en galego por medio dunha obra de coidada estética na que o humor, a emoción e a palabra van da man. Caramuxo Teatro contará a historia de Xan que tras criarse na aldea coa súa avoa vive agora de adulto nun apartamento en Nova York. Un día, coidando as plantas da súa terraza, descobre algo que lle fai lembrar unha infancia chea de aventuras.
Esperemos que vaiades e que vos guste moito!!