Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

martes, 19 de novembro de 2019

O VALES FALA. HIMNO DE GALICIA


O alumando de 5ª de Educación Infantil animouse a cantarnos o Himno de Galicia.

Non vos perdades esta obra de arte:




O VALES FALA. OUTONO


Este curso académico o alumnado de 5º de Educación Infantil ven pisando forte.

Nos vos perdades as súas divertidas actuacións coa temática do Magosto.













Presentación do Curso


O alumnado de 3º A comezou este curso moi animado é fixeron un  podcast para saudarnos no inicio de curso contándonos as súas experiencias dos primeiros días e as súas expectativas para este curso.
Agardamos que o gocedes como eles o fixeron.



venres, 21 de xuño de 2019

Nós galegaremos nas tabernas

Nós galegaremos nas tabernas bota a andar.

Nós galegaremos nas tabernas é unha campaña de dinamización lingüística no ámbito da hostalaría que pretende pór en valor o uso da lingua galega e destacar a necesidade do seu uso para que o galego teña un futuro en Betanzos.
O alumnado do noso colexio elaborou ao longo do mes de maio distintos lemas que poñen en valor o uso da nosa lingua e que se plasmaron en portarecibos que entregarán aos clientes os bares, cafeterías e restaurantes da localidade que participan nesta campaña.
Esta actividade non sería posible sen a colaboración do concello de Betanzos e os locais de hostalaría, aos que damos as grazas.


A ARTESA DA MOZA CRECHA 
BAR CAFETERÍA EL CAPRICHO 
CAFÉ BAR EUROPA 
CAFÉ BAR LA TORRE
CAFETERÍA MILLENIUM
CAFETERÍA LANZÓS
CERVECERÍA AS GALERAS
CERVECERÍA LA NUEVA INTERNACIONAL
CERVECERÍA VÁZQUEZ
EL HISTÓRICO
O CURRUNCHO
ONZE
RESTAURANTE CASANOVA 
CAFETERÍA MG
RESTAURANTE VEGA

luns, 17 de xuño de 2019

Palabras que non queremos perder

Ao investigar sobre Antón Fraguas descubrimos que cos seus traballos contribuíu a defender o idioma galego como lingua de expresión para calquera coñecemento e que dedicou a súa vida a recuperar e difundir os tesouros que herdamos dos nosos antepasados: a lingua e a cultura popular.
El, xunto a outros grandes galeguistas, fixo posible que o galego non desaparecera.
Nós queremos contribuir coa nosa humilde aportación e rematamos o curso pensando no futuro:
Enterramos no patio do colexio unha "cápsula do tempo" na que colocamos as palabras que non queremos que se perdan nunca.
As árbores tamén forman parte da nosa cultura e da nosa vida, así que acompañando á cápsula prantamos loureiros, carballos e castiñeiros. 




Oxalá os nenos e as nenas do futuro que as descubran comproben que seguen ben vivas e vixentes!! 

venres, 7 de xuño de 2019

Letras galegas 2019

O alumnado de terceiro móstranos os murais que realizaron despois de coñecer a Antón Fraguas:




domingo, 2 de xuño de 2019

O Vales fala. Letras galegas 2019

O grupo Xandobela achegounos á figura de Antón Fraguas a través de xogos.
Así nolo conta o alumnado de 2º B: 

(Preme na imaxe para escoitalos)

 

luns, 27 de maio de 2019

Letras Galegas 2019

Para festexar o día das nosas letras, ademáis de coñecer nas clases a figura de Antón Fraguas, tivemos a sorte de contar coas actuacións da Escola Municipal de Folclore e cos nenos e nenas das danzas gremiais dos mariñeiros e dos labradores de Betanzos.


venres, 17 de maio de 2019

O Vales fala. Letras Galegas

Antón Fraguas traballou ao longo da súa vida para recuperar e difundir os tesouros que herdamos dos nosos antepasados: a lingua e a cultura popular.
Alumnado de 1º ofrécenos unha mostra:


1º E

1º C

domingo, 5 de maio de 2019

Roteiro polo xardín de infantil

O alumnado de 2º A comparte con nós o roteiro que fixo polo xardín do edificio de infantil: