Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

venres, 12 de xuño de 2015

Os nen@s de 2ºD en Buño

Os nen@s de 2ºD achegáronnos este traballo sobre a súa visita a Buño.


martes, 2 de xuño de 2015

Cartas de Nadal

Achégase o remate do curso e quedábanos por publicar o noso libro coas cartas de Nadal. Xa está rematado. Podedes velo na biblioteca. Quedou moi bonito. Sentimos moito ter tardado tanto... pero xa se sabe... "As cousas de pazo van devagar" .
Grazas a Marisa e os nenos e nenas que colaboraron na súa edición.
Esperamos que non deixedes de ir a velo. 



Letras Galegas en Educación Infantil

Pica na imaxe para ir ó blog de infantil e ver os vídeos.

venres, 22 de maio de 2015

Máis imaxes da Semana das Letras Galegas

Sentimos non dispoñer de imaxes de tod@s os participantes.
Esperamos que vos guste.


sábado, 16 de maio de 2015

As Letras Galegas e os nen@s de 2ºD

Os nen@s de 2ºD achegáronnos estes traballos que fixeron durante a semana das Letras Galegas.
Esperamos que vos gusten!!!





luns, 11 de maio de 2015

Semana das Letras Galegas

Hoxe inauguramos a nosa Semana das Letras Galegas coa colaboración da Escola Municipal de Folklore que nos ofreceu un fermoso repertorio de música e danza no que participaron alumnos e alumnas do CEIP Francisco Vales Villamarín e do IES Francisco Aguiar.
Animámolos dende aquí a seguir traballando pola cultura galega e agradecémoslles a  todos eles e a súa profesora Elena o ter compartido connosco esta mostra do seu ben facer.

Esperamos que tod@s disfrutarades moito.

Recitado de 6ºB