Mª Victoria Moreno dixo: “a
miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha
historia de amor” Así expresamos a nosa relación co galego:
As danzas gremiais son unha herdanza da baixa Idade Media. Eran bailadas polos membros dos gremios de traballadores ou patrocinadas por eles. Teñen unha orixe laica, aínda que en moitos casos a igrexa asimilounas como propias para honrar aos seus santos. Ata os nosos días chegan a do gremio dos mariñeiros tamén coñecida como danza de arcos e a do gremio dos labradores. O día 16 nenas e nenos dos nosos centros escolares bailaron para todos nós:
Hoxe, Día do Libro, comeza a segunda campaña Poesía no comercio, na que comerciantes de Betanzos agasallarán aos seus clientes con poemas creados polo noso alumnado.
O primeiro obxectivo desta actividade é o de gozar coa poesía, aprender e divertirse xogando coas palabras da nosa lingua. En segundo lugar, espallar o noso labor pola localidade. Abrazando estes dous abxectivos está o de empregar e valorar a lingua galega, tesouro que nos enriquece a todos: Non todo o mundo pode presumir de posuír dúas lenguas propias!!
Co gallo da conmemoración do Día de Rosalía, no colexio investigamos sobre a autora, dialogamos sobre os temas sociais que trata na súa obra, escollemos aqueles poemas que máis nos gustan e "abrimos fiestras":