Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

martes, 13 de febreiro de 2018

luns, 5 de febreiro de 2018

Conmemoramos o Día da PAZ

Lemos a Malala, reflexionamos, expresamos os nosos desexos e ambicións e cantamos todos xuntos a cantiga Irmaus, inspirada no poema de Celso Emilio Ferreiro.

mércores, 17 de xaneiro de 2018

Cantiga pola PAZ

Celso Emilio Ferreiro escribiu este poema que fala da paz e da solidariedade:

Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmau che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmau che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che falo.
 
             Celso Emilio Ferreiro. Longa noite de pedra

Escoitemos o poema musicado na versión de Fuxan os Ventos:



Así o cantan Mini e Mero:

venres, 29 de decembro de 2017

Remata o ano 2017

Para despedir o ano 2017 e darlle un repaso ao que foi para cada un de nós deixámosvos co calendario que a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo publicou coas xeniales viñetas de Luis Dávila, humorista gráfico que nos ofrece toda unha reflexión en clave de humor en cada un dos seus traballos:


Preme na imaxe para ver o calendario completo

domingo, 17 de decembro de 2017

Cantigas medievais II

Continuamos publicando as cantigas que o alumnado do centro e as súas familias nos achegan:

Hugo Carro e familia
Mencía e Nébeda Barreiro e familia
Antón e Julia Caamaño e familia
Antón Souto e familia
Celia Mosquera e familia
(Premede nas imaxes)

sábado, 16 de decembro de 2017

Cantigas medievais I

Nenas e nenos do colexio acompañados das súas familias interpretan cantigas medievais:


Eva Temprano e familia
Celia Sánchez e familia
Laura e Irene Beiro e familia
Antón e Alexandre Liñeira e familia

Mateo e Rocío Abrodos e familia

Aloia e Artai Pena e familia

Clara e Simón Porto e familia

Gracia Nicholas e familia

O Vales fala. TelemedieVales 2

Chega a segunda edición do TelemedieVales de man do alumnado de 6º A:

Preme na imaxe