Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

luns, 17 de abril de 2017

venres, 7 de abril de 2017

Creamos poemas

Este trimestre adicámonos á poesía, no mes de xaneiro fixemos unha pequena recollida de poesía popular, no mes de febreiro Rosalía foi o noso punto de atención e en marzo seguimos empapándonos en poesía para crear os nosos propios poemas.
Coa colaboración do Concello de Betanzos, a través do seu servizo de Normalización lingüística e a concellaría de comercio, estamos a por en marcha a campaña Betanzos. Poesía no comercio.
A proposta pretende darlle a máxima difusión ás creacións poéticas do noso alumnado. Uns trescentos poemas espallaranse por todo Betanzos grazas á colaboración de diversos comerciantes locais.
Hai poemas de todo tipo: longos, curtos, suxeitos á rima, libres, sentimentais, descritivos, humorísticos... Diversos coma diversa é a nosa comunidade.
Xogamos coas palabras, aprendemos e divertímonos.
O noso agradecemento a todos os participantes nesta actividade.

luns, 20 de marzo de 2017

O Vales fala. Perú. A pataca

Seguimos investigando sobre os diferentes países aos que Leo e Mariña queren viaxar, isto é o que averiguamos sobre as patacas, orixinarias de Perú.

Preme na imaxe para escoitalo

xoves, 16 de marzo de 2017

O Vales fala. Recomendamos libros

A historia de Erika
Ruth Vander Zee, Roberto Innocenti. Ed. Kalandraka


O Vales fala. Poesía

No mes de marzo, conmemórase o Día mundial da Poesía (o día 21), e o noso alumnado ofrécenos algunha mostra deste xénero literario: