Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

luns, 11 de xaneiro de 2016

RADIO VALES

Xa chegou Radio Vales  e o seu programa "Construíndo soños".
Podedes escoitalo clicando na barra dereita.
Esperamos que vos guste .

mércores, 16 de decembro de 2015

Parabéns

Os nosos parabéns a Nuria de 6ºA polo seu premio no concurso de carteis do concello.


martes, 15 de decembro de 2015

As recomendacións de Leo e Mariña

Coma todos os anos o blog da biblioteca publicou as súas recomendacións de lectura para o Nadal.
Podedes consultalos aquí ou no blog de Leo e Mariña.
Esperamos que vos animedes a disfrutar e soñar cos libros en galego.



Felicitación de Nadal.

Compartimos con todos vós a felicitación de Nadal que nos fixeron chegar dende o CPI Ponte Carreira (centro co que o alumnado de E.I realizou intercambios escolares en cursos anteriores).

 

luns, 14 de decembro de 2015

Conto de outono

Os nenos e nenas de 1ºC achegáronnos este conto de outono. Esperamos que vos guste.