Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

luns, 9 de novembro de 2015

Adiviñas de 3ºC

Adiviña 1                             Adiviña 2
 

Adiviña 3                              Adiviña 4
 


mércores, 28 de outubro de 2015

Adiviñas de 6ºA

Adiviña 1                                      Adiviña 2
 

Adiviña 3                                        Adiviña 4
 



venres, 23 de outubro de 2015

ADIVIÑA, ADIVIÑA...

QUERES UNHA PEGATINA CO LOGO DO NOSO BLOG?

Pois pensa, volve a pensar, busca, pregunta na casa... e coloca a túa adiviña ilustrada no taboleiro de "No Vales, en galego". Non esquezas o teu nome, curso e por suposto a solución pola parte de atrás.
Tamén podes participar gravando a adiviña en audio ou vídeo - en grupo ou individual - e facéndonola chegar a través do teu mestre para que a publiquemos no blog.


ESPERAMOS AS VOSAS APORTACIÓNS


A cadea de recitados xa está en marcha

Os nen@s de 5º B realizaron o primeiro recitado do curso na súa visita a 4ºD.

                                     

                                     

                                       


venres, 2 de outubro de 2015

Rap do magosto

Este ano ... que vos parece un rap polo magosto?


Se coñecedes algunha canción en galego sobre o magosto non dubidedes en comentárnolo para compartila con tod@s. A cambio unha pegatina do noso logo.

mércores, 30 de setembro de 2015

Seguimos traballando pola nosa lingua

CURSO 2015-16

"...eu fáloa porque si, porque me gosta,

porque me peta e quero e dame a gaña...."


                             Celso Emilio Ferreiro


A palabra ten vida


Un novo curso comeza e ven cargado de soños... e como non de fermosas palabras.
Este ano queremos darvos a benvida cun vídeo que fixeron os nenos e nenas do CEIP Milladoiro de Malpica para homenaxear a vida das palabras da nosa terra, a través da canción A palabra ten vida de Paco Nogueiras de Brinca Vai!
Esperamos que vos guste... e a traballar!!!!


Xa estamos esperando as vosas colaboracións.