O día 2 de decembro fixemos entrega dos agasallos do concurso de adiviñas.
Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.
mércores, 18 de decembro de 2013
Este ano o Equipo de Dinamización de Lingua Galega do colexio CEIP Francisco Vales Villamarín, xunto con todos os nen@s e mestres que fan que este blogue siga adiante, decidiron agasallarvos cun pequeno calendario para que recordedes o traballo que facemos tod@s xuntos a diario e animarvos unha vez máis a participar nesta actividade que estamos a desenvolver.
Hoxe fixemos un concerto de panxoliñas no que todos os alumnos de primaria puxeron o seu gran de area. Algúns cursos terán que esperar a mañá xa que o tempo quedou escaso, pero non van quedar sen a súa aportación a esta xornada de música no Vales.
Parabéns para todos.
sábado, 14 de decembro de 2013
Onte tivemos unha actividade moi especial. Mónica (a nai de Carmen Yáñez ) estivo ensinando ós peques do cole a facer os seus pasteliños de cabaza.
Disfrutaron moito coa actividades e sobre todo cos pasteliños.
Papás, mamás, avós, avoas... animádevos a participar. Seguro que podedes compartir moitas cousas cos nosos alumnos.
En canto poidamos mostrarémosvos a actividade en imaxes.
Disfrutaron moito coa actividades e sobre todo cos pasteliños.
Papás, mamás, avós, avoas... animádevos a participar. Seguro que podedes compartir moitas cousas cos nosos alumnos.
En canto poidamos mostrarémosvos a actividade en imaxes.
MOITAS GRAZAS MÓNICA.
Árbores do outono.
Os nenos e nenas de 1º de primaria estivemos traballando
sobre algunhas das árbores do outono. Algúns trouxemos follas das árbores para
ver as diferenzas que hai entre unhas e outras. Unhas son grandes coma as da
vide e outras máis pequenas.
As árbores que debuxamos foron: A vide, o carballo, o
acivro, a laranxeira, a figueira, a nogueira, o bidueiro, o castiñeiro, a
maceira e o teixo.
Aquí tedes unha mostra do noso traballo. Esperamos que vos guste.
mércores, 11 de decembro de 2013
mércores, 4 de decembro de 2013
Xornada gastronómica galega
Na xornada gastronómica galega que celebraron no comedor, fixeron un xantar especial e un cartel do magosto.Xantaron empanada, zorza con patacas, raxo e de sobremesa tomaron mousse natural.
A razón de que fixeran o cartel do magosto no comedor foi que no comedor tamén celebran as festas importantes de Galicia, coma o magosto.
luns, 2 de decembro de 2013
Os nen@s de 5ºB de E.I animáronse a participar nos recitados aínda que non recibiron a caixa. Moi boa iniciativa. Aquí está o seu recitado de outono para que o disfrutemos tod@s.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


