Xa temos solución para a adiviña 2, pero de momento non imos publicala para que tod@s poidades seguir pensando.
A resposta correcta é de Carmen Yáñez de 6ºB.
Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.
mércores, 30 de outubro de 2013
SEGUNDO RETO
Chegou o outono e o Samaín. Xunto a eles o noso
segundo reto.
Esta vez no blogue irán aparecendo unha serie de
adiviñas para as que temos que atopar solución. Así que todos a poñerse as
pilas: nenos, profes, conserxe, pais, avós, amigos...
As adiviñas irán aparecendo segundo vaiades atopando as solucións. Podedes facelo individualmente, por clase, coa familia, por parellas...
Unha vez que pensedes que tedes a solución debedes escribila no apartado de comentarios co voso nome, aula ou algunha forma de identificarvos. Haberá algunha sorpresiña para o que máis acerte. Unha vez acertada comunicarase no blogue quen foi o primeiro en solucionala.
BOA SORTE A TOD@S
Adiviña, adiviñanza
Adiviña 1

Coa colaboración de 2ºA
venres, 25 de outubro de 2013
Visita dos reporteiros ás aulas de Educación Infantil
Hoxe o equipo de reporteiros fixo unha visita ós pequenos do cole para dar a coñecer o blogue. Recibíronos cun pouco de sorpresa e algúns quedaron sen palabras.
mércores, 23 de outubro de 2013
Non esquecemos ós máis peques.
O 27 de setembro fixemos a presentación do blogue a través da megafonía no edificio de primaria e os máis pequenos non puidestes escoitala porque no voso edificio non hai megafonía, así que decidimos facer algo especial para vós.
Esperamos que vos guste e que colaboredes neste proxecto xunto co resto do colexio.
domingo, 20 de outubro de 2013
Dende o Equipo de Dinamización de Lingua Galega ( EDLG ) queremos agradecer a todo@s a boa acollida deste nova idea e esperamos seguir contando coa vosa colaboración. Recordade que este blogue é de tod@s e para tod@s. Só tedes que enviarnos as vosas suxerencias, actividades, propostas de novos retos, traballos e ... todo o que vos pareza de interese para a Comunidade Educativa a reporteirosbetanceiros@gmail.com . Tentaremos publicalos na maior brevidade posible.
Recordade que podedes facer comentarios ás nosas publicacións pero que deben estar en galego. Tamén sería interesante que vos identificásedes co voso nome, o voso curso, a vosa relación co blogue (pai/nai dun alumn@, mestre do colexio, familiar dun alumn@, amig@, seguidor do blogue...).
Recordade que podedes facer comentarios ás nosas publicacións pero que deben estar en galego. Tamén sería interesante que vos identificásedes co voso nome, o voso curso, a vosa relación co blogue (pai/nai dun alumn@, mestre do colexio, familiar dun alumn@, amig@, seguidor do blogue...).
ADIANTE...
...e xa sabes ...
...NON TE CORTES COA LINGUA.
venres, 18 de outubro de 2013
A Vendima
O venres 11 de outubro @s nen@s de 6ºfumos á vendima en Viraventos. Recollimos as uvas cos nenos de Atocha e cando tiñamos suficientes volvimos ao colexio a pisalas.
Nos vindeiros días publicaremos unha montaxe fotográfica. Deixámosvos aquí unha mostra.
(Deixade as vosas respostas no apartado de comentarios e veremos quen acerta. Poñede o voso nome e curso ou non saberemos quen foi o gañador)
ESTABAN CONXELADAS!!!
Despois xogamos os partidos de brilé e fútbol contra Atocha.Nos vindeiros días publicaremos unha montaxe fotográfica. Deixámosvos aquí unha mostra.
Adiviñades quen está a pisar as uvas?
(Deixade as vosas respostas no apartado de comentarios e veremos quen acerta. Poñede o voso nome e curso ou non saberemos quen foi o gañador)
Proxecto "O espazo"
"A lingua galega achégase ao colexio da man das familias..."
Este papá chámase Tino e fixo unha presentación para apoiar o Proxecto "O espazo" que se está a traballar en sexto de infantil. Se queredes máis información so tedes que ir á paxina web do colexio.
martes, 15 de outubro de 2013
Galicreques: Alicia no país das marabillas.
Alicia no país das marabillas on PhotoPeach
Colaboración de 6º de E.I.
luns, 14 de outubro de 2013
venres, 11 de outubro de 2013
mércores, 9 de outubro de 2013
Galicreques
Esta semana os máis pequenos do colexio foron ao "Liceo" de Betanzos a ver unha representación dos galicreques.
ESPERAMOS QUE NOS CONTEDES COUSAS SOBRE ELES
venres, 4 de outubro de 2013
O primeiro reto...XA ESTÁ AQUÍ!!!!!!!!!!!
PRECISAMOS AXUDA!!!!!!!!!!!
CONTÁDELLO A TODO O MUNDO!!!!!!!!!!!!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)