Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

xoves, 27 de febreiro de 2020

Gala homenaxe a Rosalía de Castro

Hoxe o alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín actuará na Gala homenaxe a Rosalía de Castro que se celebrará no Liceo ás 19:00.



Conmemorando a Rosalía en Infantil

O alumnado de 5ºD de Educación Infantil non quixo deixar de conmemorar a Rosalía de Castro. Achegámosvos as súas fantásticas creacións:


"Eu ben vin estar o moucho
enriba daquel penedo,
non che teño medo moucho,
moucho non che teño medo!"



martes, 17 de decembro de 2019

Nós somos Galicia o 25N

O 25N o alumnado de 1º de Educación Primaria traballou a canción de Charo Pita "Rosa e Azul" do disco No país do vento.

Aquí vos deixamos unha mostra do fabuloso traballo que fixeren. Agardamos que sexa do voso agrado.



martes, 19 de novembro de 2019

O VALES FALA. HIMNO DE GALICIA


O alumando de 5ª de Educación Infantil animouse a cantarnos o Himno de Galicia.

Non vos perdades esta obra de arte:




O VALES FALA. OUTONO


Este curso académico o alumnado de 5º de Educación Infantil ven pisando forte.

Nos vos perdades as súas divertidas actuacións coa temática do Magosto.













Presentación do Curso


O alumnado de 3º A comezou este curso moi animado é fixeron un  podcast para saudarnos no inicio de curso contándonos as súas experiencias dos primeiros días e as súas expectativas para este curso.
Agardamos que o gocedes como eles o fixeron.



venres, 21 de xuño de 2019

Nós galegaremos nas tabernas

Nós galegaremos nas tabernas bota a andar.

Nós galegaremos nas tabernas é unha campaña de dinamización lingüística no ámbito da hostalaría que pretende pór en valor o uso da lingua galega e destacar a necesidade do seu uso para que o galego teña un futuro en Betanzos.
O alumnado do noso colexio elaborou ao longo do mes de maio distintos lemas que poñen en valor o uso da nosa lingua e que se plasmaron en portarecibos que entregarán aos clientes os bares, cafeterías e restaurantes da localidade que participan nesta campaña.
Esta actividade non sería posible sen a colaboración do concello de Betanzos e os locais de hostalaría, aos que damos as grazas.


A ARTESA DA MOZA CRECHA 
BAR CAFETERÍA EL CAPRICHO 
CAFÉ BAR EUROPA 
CAFÉ BAR LA TORRE
CAFETERÍA MILLENIUM
CAFETERÍA LANZÓS
CERVECERÍA AS GALERAS
CERVECERÍA LA NUEVA INTERNACIONAL
CERVECERÍA VÁZQUEZ
EL HISTÓRICO
O CURRUNCHO
ONZE
RESTAURANTE CASANOVA 
CAFETERÍA MG
RESTAURANTE VEGA

luns, 17 de xuño de 2019

Palabras que non queremos perder

Ao investigar sobre Antón Fraguas descubrimos que cos seus traballos contribuíu a defender o idioma galego como lingua de expresión para calquera coñecemento e que dedicou a súa vida a recuperar e difundir os tesouros que herdamos dos nosos antepasados: a lingua e a cultura popular.
El, xunto a outros grandes galeguistas, fixo posible que o galego non desaparecera.
Nós queremos contribuir coa nosa humilde aportación e rematamos o curso pensando no futuro:
Enterramos no patio do colexio unha "cápsula do tempo" na que colocamos as palabras que non queremos que se perdan nunca.
As árbores tamén forman parte da nosa cultura e da nosa vida, así que acompañando á cápsula prantamos loureiros, carballos e castiñeiros. 




Oxalá os nenos e as nenas do futuro que as descubran comproben que seguen ben vivas e vixentes!! 

venres, 7 de xuño de 2019

Letras galegas 2019

O alumnado de terceiro móstranos os murais que realizaron despois de coñecer a Antón Fraguas:




domingo, 2 de xuño de 2019

O Vales fala. Letras galegas 2019

O grupo Xandobela achegounos á figura de Antón Fraguas a través de xogos.
Así nolo conta o alumnado de 2º B: 

(Preme na imaxe para escoitalos)

 

luns, 27 de maio de 2019

Letras Galegas 2019

Para festexar o día das nosas letras, ademáis de coñecer nas clases a figura de Antón Fraguas, tivemos a sorte de contar coas actuacións da Escola Municipal de Folclore e cos nenos e nenas das danzas gremiais dos mariñeiros e dos labradores de Betanzos.


venres, 17 de maio de 2019

O Vales fala. Letras Galegas

Antón Fraguas traballou ao longo da súa vida para recuperar e difundir os tesouros que herdamos dos nosos antepasados: a lingua e a cultura popular.
Alumnado de 1º ofrécenos unha mostra:


1º E

1º C

domingo, 5 de maio de 2019

Roteiro polo xardín de infantil

O alumnado de 2º A comparte con nós o roteiro que fixo polo xardín do edificio de infantil:

xoves, 2 de maio de 2019

Raquel Queizás e Antón Fraguas

O alumnado de primeiro tivo a sorte de escoitar a Raquel Queizás na nosa biblio. Contoulles historias de  cando Antón Fraguas (Letras Galegas 2019) era neno. Pasárono xenial.

venres, 26 de abril de 2019

Gañadores/as do X Concurso de carteis das Letras Galegas

Ao concurso presentáronse 75 carteis de alumnos e alumnas do CPR Nosa Señora do Carme "Atocha", do CEIP Francisco Vales Villamarín e do Centro Pai Menni.

Estes son os carteis gañadores:



1º premio. Claudia Villares Barros. 4º E. CEIP Francisco Vales Villamarín
Accésit. Simón Porto Casal e Sofía Veiga Casanova. 4º  B. CEIP Francisco Vales Villamarín
Accésit. Paula Blanco Garea e Juana Barreiro Sánchez. 4º C. CEIP Francisco Vales Villamarín
Accésit. Susana Barca Rama. Centro Pai Menni
Parabéns a todas e todos!

xoves, 11 de abril de 2019

Carreira solidaria 2019

Hoxe tivo lugar a "Carreira Solidaria Corre por Betanzos" organizada polo equipo de Educación Física do noso colexio. Así nola conta o alumnado de 2º B:

(Preme na imaxe se queres escoitalos)

mércores, 10 de abril de 2019

Betanzos. Poesía no comercio III edición

O próximo día 23, Día do Libro, bota a andar a terceira edición de Poesía no comercio.
Durante o mes de marzo o noso alumnado creou poemas que agora chegarán aos betanceiros e aos visitantes a través dos comercios que participan na campaña.
Grazas ao concello de Betanzos e aos comercios participantes por facer posible que esta actividade sexa visible.

venres, 8 de marzo de 2019

Contos pola igualdade. Raquel Queizás

O Servizo de Igualdade do concello de Betanzos promeoveu a visita de Raquel Queizás para contarnos contos: 

Contos pola igualdade. Raquel Queizas on PhotoPeach

xoves, 7 de marzo de 2019

Rosalía de Castro. Investigamos a súa vida

Ademais de recitar e cantar algunha das súas obras investigamos sobre a súa vida e o que supón a súa obra para a literatura galega e a española.






Rosalía. 2º B

Entrevista a Rosalía. 5º E

mércores, 6 de marzo de 2019

Día de Rosalía con Xandobela

O grupo Xandobela presentou a Rosalía de Castro ao alumnado de 6º a través de diversos xogos e retos.
A actividade realizouse grazas á organización do Servizo de Normalización do Concello de Betanzos.