Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

luns, 17 de xuño de 2019

Palabras que non queremos perder

Ao investigar sobre Antón Fraguas descubrimos que cos seus traballos contribuíu a defender o idioma galego como lingua de expresión para calquera coñecemento e que dedicou a súa vida a recuperar e difundir os tesouros que herdamos dos nosos antepasados: a lingua e a cultura popular.
El, xunto a outros grandes galeguistas, fixo posible que o galego non desaparecera.
Nós queremos contribuir coa nosa humilde aportación e rematamos o curso pensando no futuro:
Enterramos no patio do colexio unha "cápsula do tempo" na que colocamos as palabras que non queremos que se perdan nunca.
As árbores tamén forman parte da nosa cultura e da nosa vida, así que acompañando á cápsula prantamos loureiros, carballos e castiñeiros. 




Oxalá os nenos e as nenas do futuro que as descubran comproben que seguen ben vivas e vixentes!!