Un ano máis o concello de Betanzos e a asociación cultural Eira Vella organizaron o acto de homenaxe a Rosalía de Castro. Esta foi a aportación do noso colexio:
O alumnado de 4º puido gozar dunha sesión de contacontos con Raquel Queizás grazas á colaboración co concello de Betanzos, dentro do seu Plan de Igualdade.
Tamén o alumnado de 6º de infantil lle deu volta aos contos con Raquel Queizás para concienciarse de que SOMOS IGUAIS.
Lemos a Malala, reflexionamos, expresamos os nosos desexos e ambicións e cantamos todos xuntos a cantiga Irmaus, inspirada no poema de Celso Emilio Ferreiro.