Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

venres, 25 de abril de 2014

xoves, 24 de abril de 2014

Mini e Mero

O vindeiro martes 29 de abril ás 16:30 teremos connosco a  Mini e Mero (músicos, poetas, mestres, investigadores do folklore e a cultura tradicional galega e membros históricos de Fuxan os Ventos).
Pasaremos unha boa tarde con eles. 
A actividade está aberta a toda a comunidade educativa: pais, nais, nenos, nenas, mestres...
Esperámosvos a tod@s  na sala de usos múltiples do colexio.
O aforo está limitado pola capacidade da sala.

mércores, 23 de abril de 2014

O día do Libro

Hoxe é o día do libro. Para celebralo, os nenos de terceiro  léronlles un libro aos nenos de sexto e os nenos de primeiro  léronlles aos de cuarto. Os nenos de sexto déronlles unha sorpresa léndolles uns poemas aos de terceiro. Podedes atopar máis información no blogue da biblioteca.

venres, 11 de abril de 2014

Estrea do espectáculo "As fabas máxicas" o sábado 12 de abril en Betanzos

Ola a todos!


O vindeiro sábado 12 de abril ás 18:30 h terá lugar a estrea do espectáculo familiar "As fabas máxicas" de Caramuxo Teatro na Aula de Cultura Xulio Cuns (Liceo). Esta obra está inspirada no coñecido conto "Xan e as fabas máxicas" e está organizada dentro da Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos.

A entrada é libre e de balde ata completar o aforo. Esta representación está dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos e o obxectivo é que a cativada se achegue ao teatro en galego por medio dunha obra de coidada estética na que o humor, a emoción e a palabra van da man. Caramuxo Teatro contará a historia de Xan que tras criarse na aldea coa súa avoa vive agora de adulto nun apartamento en Nova York. Un día, coidando as plantas da súa terraza, descobre algo que lle fai lembrar unha infancia chea de aventuras.
Esperemos que vaiades e que vos guste moito!!


mércores, 9 de abril de 2014

luns, 7 de abril de 2014

mércores, 2 de abril de 2014

Día do libro infantil

O día 2 de abril celébrase o Día do Libro Infantil e con ese motivo deixamos aquí esta actividade para os máis pequenos. Así poderán aprender algunha cousiña máis sobre as bibliotecas. Grazas ós autores por facela e compartila con tod@s.
Consultade o blogue da biblioteca, alí atoparedes cousas moi interesantes.