Hoxe inauguramos a nosa Semana das Letras Galegas coa colaboración da Escola Municipal de Folklore que nos ofreceu un fermoso repertorio de música e danza no que participaron alumnos e alumnas do CEIP Francisco Vales Villamarín e do IES Francisco Aguiar.
Animámolos dende aquí a seguir traballando pola cultura galega e agradecémoslles a todos eles e a súa profesora Elena o ter compartido connosco esta mostra do seu ben facer.
Esperamos que tod@s disfrutarades moito.