Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

mércores, 19 de febreiro de 2014

XA FOMOS Á RADIO!!!

Ola a todos, 
XA FOMOS Á RADIO!!!
O xoves 13 (o día internacional da radio) fomos á radio, foi unha experiencia xenial,vimos como modulaban o son para que todas as persoas falasen co mesmo volume, como se poñía a música;eran uns sitios moi pequenos, vimos o teléfono onde chaman as persoas nos programas e vimos onde gravaban. Despois fomos a un auditorio onde nos deron unha merenda moi rica mmm... E vimos os traballos da paz dos outros colexios. PASAMOLO  XENIAL!!!!