Árbores do outono.
Os nenos e nenas de 1º de primaria estivemos traballando
sobre algunhas das árbores do outono. Algúns trouxemos follas das árbores para
ver as diferenzas que hai entre unhas e outras. Unhas son grandes coma as da
vide e outras máis pequenas.
As árbores que debuxamos foron: A vide, o carballo, o
acivro, a laranxeira, a figueira, a nogueira, o bidueiro, o castiñeiro, a
maceira e o teixo.
Aquí tedes unha mostra do noso traballo. Esperamos que vos guste.