Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

mércores, 3 de decembro de 2014

Panxoliñas

Chega o tempo de Nadal e este ano todos aprenderemos panxoliñas para montar un festival. Deixámosvos aquí algunhas para que vaiades practicando. Se coñecedes algunha podedes enviárnola a través dos comentarios e a colgaremos no blog.












Así foi "Chincha rabincha" para 1ºA




venres, 28 de novembro de 2014

Pegatinas

O EDLG agasallou cunha pegatina a todos os nen@s que participaron no concurso de adiviñas. 

A familia en concerto

Esta semana dende o departamento de música celebraron Santa Cecilia e para conmemoralo tiveron un concerto cada día da semana en colaboración coas familias dos rapaces. Algunhas das actuacións resaltaron a música tradicional galega.
Seguro que tod@s o disfrutáchedes.
Dende aquí tamén queremos agradecer ás familias a súa colaboración.




xoves, 27 de novembro de 2014

Cadea de recitados

A cadea de recitados xa está de novo en marcha. Esperamos recibir en breve o primeiro vídeo para poder amosárvolo.

mércores, 19 de novembro de 2014

O magosto no 1º ciclo

Os nen@s  de 1º ciclo disfrutaron dos xogos  e das castañas que prepararon as familias para todos eles.



venres, 14 de novembro de 2014

Xa temos a solución

Foi difícil, pero unha nena de 2ºD deu coa resposta á adiviña nº 1.
A abelá
Moitas grazas por participar e parabéns a todos os acertantes, que fúchedes moitos. Aquí damos por rematado o noso concurso.

mércores, 12 de novembro de 2014

Adiviña nº1

A adiviña nº 1 parece que se resiste. Aínda non temos a resposta. 
Poñede as cabezas a pensar e ánimo.

Nace na fraga 
na fraga se cría 
naceu dunha vara 
e acaba sequiña.

Será, será...