Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos.
venres, 23 de outubro de 2015
ADIVIÑA, ADIVIÑA...
QUERES UNHA PEGATINA CO LOGO DO NOSO BLOG?
Pois pensa, volve a pensar, busca, pregunta na casa... e coloca a túa adiviña ilustrada no taboleiro de "No Vales, en galego". Non esquezas o teu nome, curso e por suposto a solución pola parte de atrás.
Tamén podes participar gravando a adiviña en audio ou vídeo - en grupo ou individual - e facéndonola chegar a través do teu mestre para que a publiquemos no blog.