martes, 30 de maio de 2017

Contos pola igualdade

Alumnado de secundaria e bacharelato dos IES Francisco Aguiar e As Mariñas acudiron ao centro para compartir con nós unha serie de contos. A temática que elixiron, na maioría dos casos, está relacionada coa igualdade de xénero. Os contos gustáronnos moito, agora temos que pensar sobre eles...


domingo, 28 de maio de 2017

Cadea de poemas

A Caixa dos poemas continúa a súa estadía en terceiro, de 3º E pasou a 3º A:

A onde irá agora?

O Vales fala. Cantamos a Rosalía

O alumnado de terceiro E canta un fragmento do poema Adiós ríos, adiós fontes de Rosalía:


mércores, 17 de maio de 2017

Mil palabras polo galego

Cada un de nós elixiu unha palabra galega á que lle temos un especial aprezo. Xuntámolas todas para pedir miles de anos máis para o galego.
O concello colaborou con nós, a través do seu Servizo de Normalización, e as nosas plabaras colgan do edificio Arquivo cunha mensaxe para todas e todos:

 

O Vales fala. Creamos contos

Dende 2º C chéganos este conto creado polo grupo:


luns, 8 de maio de 2017

O Vales fala. Maternidade

Entrevista a unha nai co gallo do día adicado a elas:


sábado, 6 de maio de 2017

venres, 5 de maio de 2017

Letras Galegas 2017. Carlos Casares

Achéganse as datas de conmemoración das nosas letras.
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Carlos Casares.
Na marxe esquerda deste blogue podedes atopar diferentes páxinas que dan a coñecer ao autor e nos ofrecen recursos para traballar nas aulas.
Os enlaces seguintes mostránnos a súa obra infantil e xuvenil:











(Premede en cada imaxe)

xoves, 4 de maio de 2017

A Caixa dos poemas percorre terceiro

Poemas en terceiro on PhotoPeach