martes, 24 de marzo de 2015

Teño dous papás

O mércores 18 de marzo, os alumnos de 3º de Primaria participaron no Proxecto de sensibilización "Teño dous papás" no que se pretende sensibilizar ó alumnado acerca das enfermidades mentais.
Utilizouse como instrumento o teatro a través da obra "Teño dous papás" que se representou no centro para todas as aulas de 3º de Primaria.
Despois da representación os alumnos elaboraron un pequeno traballo, do que vos deixamos aquí unha mostra.




xoves, 19 de marzo de 2015

A banda do cole xa se está preparando para festexar as Letras Galegas.

Deixámosvos unhas fotos dos ensaios da banda para as Letras Galegas.
Que estarán a preparar?



mércores, 18 de marzo de 2015

Eu son Rosalía

Preme na imaxe do blog de Leo e Mariña e achegaraste ó sentir do noso cole a través da obra de Rosalía.


mércores, 11 de marzo de 2015

venres, 6 de marzo de 2015

Día de Rosalía en imaxes

Preme na imaxe do blog de Leo e Mariña e alí poderás disfrutar das distintas intervencións do Día de Rosalía.