Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

mércores, 16 de decembro de 2015

Parabéns

Os nosos parabéns a Nuria de 6ºA polo seu premio no concurso de carteis do concello.


martes, 15 de decembro de 2015

As recomendacións de Leo e Mariña

Coma todos os anos o blog da biblioteca publicou as súas recomendacións de lectura para o Nadal.
Podedes consultalos aquí ou no blog de Leo e Mariña.
Esperamos que vos animedes a disfrutar e soñar cos libros en galego.



Felicitación de Nadal.

Compartimos con todos vós a felicitación de Nadal que nos fixeron chegar dende o CPI Ponte Carreira (centro co que o alumnado de E.I realizou intercambios escolares en cursos anteriores).

 

luns, 14 de decembro de 2015

Conto de outono

Os nenos e nenas de 1ºC achegáronnos este conto de outono. Esperamos que vos guste.



xoves, 10 de decembro de 2015

Adiviñas de E.I.

Adiviña dos amarelos                          Adiviña dos azuis
   
    Adiviña dos verdes                       Adiviña dos cadros lilas
   




mércores, 2 de decembro de 2015

Neira Vilas, non te esqueceremos

Despedimos con tristura non só un escritor que nos engaiolou a tod@s cando aínda eramos nenos, senón tamén ó home que soubo chegar ó corazón dos nosos fillos e fillas tanto a través da súa obra coma da súa persoa.

Ata sempre ... Xosé Neira Vilas!!!

Así foi o seu paso pola nosa escola en maio de 2013.



Desenhos de Isaac Diaz Pardo para a Ediciós do Castro de Memorias dun neno labrego
             de Xosé Neira Vilas. Música: A Quenlla, "Memorias dun neno labrego"