Sofía, a vaca que amaba a música on PhotoPeach
Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.
luns, 16 de xuño de 2014
Visita deos nenos e nenas de Coirós e Paderne
O venres día 13 visitáronnos os nen@s das unitarias de Coirós e Paderne. Os nen@s de 5 anos do noso cole representaron para eles "Sofía, a vaca que amaba a música".
mércores, 11 de xuño de 2014
Presentación para os pais
O vindeiro martes 17 os nenos de infantil, primeiro, segundo, terceiro, cuarto, quinto e sexto, van facer unha presentación das normas para o uso dos ordenadores da biblioteca para que os pais saiban todo o que se aprende na biblioteca.
PAPÁS E MAMÁS, ESPÉRAVOS UNHA SORPRESA!!
venres, 6 de xuño de 2014
Recitado de 6ºa de E.I
Os nen@s de 6ºa de E.I continuaron a nosa cadea de recitados na aula de 5ºA de E.P. Alí recibiron como sorpresa outro recitado. Deixámosvolos aquí.
xoves, 5 de xuño de 2014
Vídeos do programa das Letras Galegas.
Pouco a pouco imos solucionando os problemas surxidos cos vídeos das Letras Galegas. Se conseguimos mellorar a calidade, cambiarémolos.
Dime que fixeches e onde estiveches 5ºb Muiñeira 1ºD
A saia de Carolina 3ºB Homenaxe a Rosalía 3ºB
Eu teño un canciño 4ºE
mércores, 4 de xuño de 2014
Cómic de Xosé Mª Díaz Castro
Os nen@s de 1ºD seguen a enviarnos traballos de Díaz Castro. Aquí vos deixamos este cómic tan chulo que nos achegaron. Esperamos que vos guste.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)